Esta mañá tivo lugar na
Audiencia Provincial de Ourense o reconto do voto dos electores incluidos no
Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA).
Dun total de 1.925 votos válidos, o PP recibiu 1.059 que se traducen nun
55,01 % de apoio. Isto supón máis do triplo que a porcentaxe de apoio do
segundo partido máis votado, o socialista, que non supera o 18 %. Datos moi
positivos para Manuel Baltar que, agradecido pola confianza depositada no PP.
Constatar que nestas eleccións autonómicas a escasa participación que se
está a rexistrar no CERA xa que rozou os dous puntos dun total de 98.942
galegos con dereito ao voto.
Un resultado que para o presidente provincial, Manuel Baltar, “ven de
afianzar o continuo aumento do apoio que no exterior están a recibir os
populares ourensáns, que desta volta con case que dous puntos máis que nas
xerais de xuño, deixan claro máis que nunca que somos o partido de Ourense”.
Salientar que dende as eleccións xerais de decembro de
2015 o apoio ao Partido Popular por parte dos residentes ausentes non deixou de
medrar, situándose daquela no 47 % e superando en xuño o 53 %.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta