O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais
de paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2016.
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en -403 persoas,
un salientable – 1,88 %. É a única provincia galega na que baixa o desemprego.
A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 2.457
persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do
– 10,45 %.
O número de parados queda en 21.049, deles 9.143 son homes e 11.906
mulleres, 20.055 son maiores de 25 anos e 994 menores.
Por sectores, 926 son da agricultura, 2.724 da industria, 2.348 da construción,
13.103 nos servizos e 1.948 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia medrou en setembro en 1.291 persoas con
respecto a agosto (un 0,67 %).
O número de parados queda en 194.336, deles 85.446 son homes e 108.890
mulleres, 185.674 son maiores de 25 anos e 8.662 menores.
Por sectores, 6.469 son da agricultura, 23.510 da industria, 21.245 da
construción, 126.633 nos servizos e 16.479 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 21.401
persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 9,92 % .
Trátase da maior caída interanual producida nun mes de setembro de toda a serie histórica (desde 1996) e con respecto a hai un ano descende nas principais variables: nas catro provincias, as 7 grandes cidades, todos os sectores, tramos de idade e tanto en homes como en mulleres. Con respecto á comparativa co Estado, a Comunidade presenta un comportamento mellor que a media, situándose 0,79 puntos por enriba (na media estatal baixa nun -9,13% fronte ao -9,92% de Galicia).

En canto ás provincias, a de Ourense lidera a baixada con respecto a setembro de 2015 (-10,45%), seguida de Pontevedra (-10,36%), Lugo (-10%) e A Coruña (-9,31%) e sobre os sectores de actividade, o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -17,39%, seguido da industria cun -12,76%. Ademáis o número de persoas sen emprego acadou un descenso do -16,31% entre os menores de 30 anos con respecto ao ano pasado e do -5,90% entre os maiores de 44.
España:
O número de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego
aumentou en setembro en 22.801 persoas en relación co mes anterior (0,62 %). Nos últimos 8 anos neste
mesmo mes o paro rexistrado aumentou máis ou menos en 58.835 persoas
Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.720.297.
Deles 1.628.447 son homes e 2.091.850 mulleres. Son menores de 25 anos 309.173
e maiores 3.411.124 persoas.
Continúa o paro nos niveis
máis baixos dos últimos 7 anos. En termos desestacionalizados, o paro redúcese
en 16.906 persoas no mes de setembro. A variación mensual do paro
desestacionalizada reduciuse en 40 dos últimos 41 meses.
No último ano o paro baixou
en 373.745 persoas (-9,13 %). Trátase da maior redución interanual rexistrada
nun mes de setembro de toda a serie histórica. O ritmo interanual de redución
do paro volveuse a incrementar no mes de setembro, alcanzando o 9,13%, o mellor
dato de descenso desde o ano 1999.
O desemprego dos mozos menores de 25 anos increméntase en setembro en 24.188 persoas (8,49%) respecto ao mes anterior, mentres o paro entre os maiores de 25 anos baixa en 1.387 (-0,04%).
O desemprego dos mozos menores de 25 anos increméntase en setembro en 24.188 persoas (8,49%) respecto ao mes anterior, mentres o paro entre os maiores de 25 anos baixa en 1.387 (-0,04%).
Na comparativa
interanual de desemprego entre os mozos menores de 25 anos, o paro diminuíu en
50.262 persoas, de tal maneira que o desemprego xuvenil redúcese un 14%
interanualmente por encima da media xeral do 9,1%.
O paro rexistrado diminúe en tres comunidades autónomas entre as que destacan Castela-A Mancha (-9.498), Madrid (-2.032) e A Rioxa (-434). Pola contra aumenta nas 14 comunidades restantes destacando Andalucía (8.206), Cataluña (5.641) e Estremadura (4.174).

A contratación
indefinida aumenta un 11,8% O número de contratos rexistrados durante o mes de
setembro foi de 1.907.000, o maior número de contratacións de toda a serie
histórica nun mes de setembro. Supón unha subida de 111.258, un (6,2%) respecto
ao mesmo mes do exercicio anterior. En setembro rexistráronse 171.012 contratos
de carácter indefinido, supón un incremento de 18.084 (11,83%) sobre o mes de
setembro de 2015.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta