jueves, 27 de octubre de 2016

EPA III T. 2016: As taxas de paro de Galicia (16,3%) , de Ourense (17,7 %), é do Estado (18,91 %) por debaixo do 20 %

Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao terceiro trimestre de 2016. Estes son os principais datos:

GALICIA: Aumenta á ocupación en 23.900 persoas e descende o paro en 16.200 persoas.

Activos: No terceiro trimestre de 2016 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.349.300 persoas, das cales 1.264.600 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,8 %. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos aumenta en 7.700 persoas e a taxa de actividade tres décimas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2015, o número de activos diminúe en 2.700 persoas e a taxa de actividade medra en tres décimas.

Ocupados: A ocupación aumenta en 23.900 persoas no terceiro trimestre de 2016 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.057.900 ocupados. A taxa de ocupación aumenta un puntoneste trimestre ata o 45 %.

Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 18.900 persoas, o que supón unha suba do 1,8 % en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre aumenta a ocupación masculina e a feminina: o número de ocupados varóns aumenta en 13.900 persoas respecto ao seundo trimestre do ano 2016 e a ocupación das mulleres aumenta en 10.000 persoas. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nunha subida da taxa de ocupación masculina de 1,3 puntos e de oito décimas na feminina.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2015, o número de homes ocupados aumenta en 7.300 persoas (un 1,3 %), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 2,4 %.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados nos servizos aumenta en 10.100 persoas no trimestre e sitúase en 746.300 persoas. O sector primario aumenta 5.500 empregos con respecto ao trimestre anterior e a industria 8.200. Por outra banda, a ocupación no sector da construción (1.500 persoas) non varía.

Con respecto ao mesmo trimestre do ano 2015. A ocupación na agricultura e pesca medra un 13,1%, nos servizos un 1,2%, na industria un 1,3 mentres na construción diminúe un 1,1 %.

Asalariados: En Galicia había 837.900 asalariados no terceiro trimestre de 2016, 608.300 con contrato indefinido e os 229.600 restantes con contrato temporal.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, aumenta 1,6 puntos neste trimestre, ata situarse no 27,4 %.

Parados: No terceiro trimestre de 2016 en Galicia había 206.700 persoas en paro, 16.200 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 1,4 puntos ata o 16,3 %.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2015, o número de parados baixa en 16.100 persoas (un 7,2 %) e a taxa de paro 1,4 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe o paro masculino e o feminino: o número total de homes parados sitúase en 104.300 persoas (9.400 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 102.500 persoas (6.800 menos). A taxa de paro masculina diminúe, en consecuencia, 1,4 puntos porcentuais e a feminina 1,2 puntos, situándose a primeira no 15,7 % e a segunda no 17,1 %.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 6.300 persoas (un 5,7% menos), e entre o feminino en 9.800 persoas (un 8,7 % menos que hai un ano).

Fogares: No terceiro trimestre de 2016, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 3.600 unidades e sitúase en 72.100. Respecto ao terceiro trimestre de 2015 esta tipoloxía de fogares cae un 1, 4 %.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 13.500 unidades. O número de fogares nesta situación é de 570.100. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 16.300 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 2,9 % en termos relativos.

OURENSE: Aumenta á ocupación en 4.800 persoas e descende o paro en 3.300 persoas.

- Ocupados: 111.000. No segundo trimestre de 2016 eran 106.200, o que representa un aumento da ocupación de 4.800 persoas. 

A Variación interanual é positiva en 2.700 persoas, pois no terceiro trimestre de 2015 foron 108.300 os ocupados.

- Parados: 23.900. No segundo trimestre de 2016 eran 27.200 o que representa un descenso de 3.300 persoas. 

A Variación interanual acredita unha total coincidencia, pois no terceiro trimestre de 2015 tamén foron 23.900 os parados. 

- Taxa de Actividade: 48,81 %. Aumentou en 63 décimas con respecto ao  segundo trimestre de 2016.

- Taxa de Paro: 17,7 %. Baixou en 2,69 puntos con respecto ao segundo trimestre de 2016. En termos interanuais descende  0,4 puntos.

Fontes: INE e IGE


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta