A Asemblea
Xeral de Nacións Unidas reuniuse hoxe en Nova York para nomear por aclamación a António
Guterres, Secretario Xeral da Organización durante o período 2017-2021.
A Asemblea
establecida en 1945 en virtude da Carta das Nacións Unidas, ocupa un lugar
central como principal órgano deliberativo, de formulación de políticas e
representativo das Nacións Unidas. Está integrada por os 193 Estados Membros
das Nacións Unidas e proporciona un foro para o debate multilateral de toda a
gama de cuestións internacionais que abarca a Carta.
Tamén
desempeña un papel importante no proceso de establecemento de normas e na
codificación do dereito internacional. A Asemblea celebra en forma intensiva un
período ordinario de sesións cada ano, de setembro a decembro, ou durante máis
tempo se fose necesario.
António Manuel
de Oliveira Guterres, naceu en Lisboa en 1949, é un enxeñeiro, profesor e ex
primeiro ministro de Portugal, expresidente da Internacional Socialista e ex
alto comisario das Nacións Unidas para os Refuxiados.
Guterres, novo líder de Nacións Unidas,
expresou ante os Estados membros os seus sentimentos de gratitude e humildade,
ademais dun gran sentido de responsabilidade ante tan alto nomeamento.
Ao falar na
sesión plenaria da Asemblea Xeral, o político portugués afirmou estar
plenamente consciente dos desafíos que afronta a Organización das Nacións
Unidas, así como das limitacións que rodean ao cargo.
"Os dramáticos
e complexos problemas da actualidade inspiran un enfoque humilde, no que o
Secretario Xeral non ten todas as respostas nin busca impoñer a súa visión, un
enfoque no que o Secretario Xeral poña os seus bos oficios a disposición,
traballe como coordinador, mediador, construtor de pontes e axente honesto para
atopar solucións que beneficien a todos", dixo Guterres.
O novo
Secretario Xeral subliñou que recobrar o respecto pola dignidade das persoas
estará no centro dos seus esforzos, en liña coa experiencia de observar de
primeira man o sufrimento dos máis vulnerables.
Un tramo do
seu discurso pronunciouno en español, idioma no que expresou o seu
recoñecemento ás tarefas dos soldados da paz que defenden os principios de
Nacións Unidas e no que rexeitou contundentemente os casos de abuso sexual
perpetrados por algúns deses efectivos.
Fixo un "chamamento ao apoio dos Estados membros e de todas as estruturas da
Organización: non permitamos que comportamentos repugnantes danen o heroísmo ao
servizo de Nacións Unidas".
Finalmente,
António Guterres dirixiuse a Ban Ki-moon, actual Secretario Xeral da ONU, a
quen asegurou que fará o posible para continuar co seu legado de gran
dedicación ao servizo público internacional.
Parabens a
este político natural do noso País irmán, Portugal - que comparte cos galegos un mesmo sistema linguístico - e moitos éxitos á fronte das
Nacións Unidas. Como dicía o ministro García Margallo, España contará cun "gran amigo" a fronte da ONU.
Recibirá resposta
Recibirá resposta