Onte tras a investidura de Mariano Rajoy como presidente do Goberno, ao obter 170 votos afirmativos, 111 negativos e 68 abstencións, a presidenta do Congreso, Ana Pastor, anunciou que comunicaría esta a votación a S.M. o Rey, Felipe VI.
Hoxe a presidenta foi ao Palacio da Zarzuela e en virtude do disposto polo artigo 62 da Constitución Española, A súa Maxestade o Rey asinou o Real Decreto que recolle o nomeamento de Mariano Rajoy Brey como presidente do Goberno.
O documento deberá ser publicado no Boletín Oficial do Estado para ser oficial, tras o cal o presidente electo, Mariano Rajoy, poderá acudir ao Palacio da Zarzuela para xurar o cargo ante o Rey, un acto que está previsto que teña lugar mañá ás 10:30 horas, segundo confirmaron fontes da Casa do Rey.
O ministro de Xustiza en funcións, Rafael Catalá, exercerá previsiblemente como notario maior do Reino neste acto, no que se lerá o Real Decreto publicado no BOE co nomeamento de Rajoy.