O pasado 5 de
septembro, nunha entrada deste blog, informaba do comezo a cargo do Ministerio
de Fomento dunhas obras de rehabilitación
do firme en diversos tramos urbanos das estradas estatais na cidade de Ourense e nos seus principais accesos,
situados nos termos municipais de Ourense, Coles e San Cibrao das Viñas. O
orzamento de adxudicación das actuacións ascendía a 716.909 euros.
Hoxe podo comprobar como nesta semana acábase de renovar o firme da avenida
Otero Pedrayo entre as rotondas onde está situada a Policía Nacional e a das
Lagoas (afiador), unha actuación orzada en 66.000 euros.
Agora queda por
executar o pintado horizontal, que deixará a esta importante arteria da cidade
nunhas moi boas condicións para a circulación de vehículos.
Recibirá resposta
Recibirá resposta