Asisto
esta tarde no Parlamento de Galicia á última parte do debate de investidura.
Despois
da votación foi elixido por maioría absoluta de 41 votos Alberto Núñez Feijóo
como presidente da Xunta de Galicia.
Unha vez
proclamado este resultado, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel
Santalices Vieira, comunicará o resultado da elección á Súa Maxestade o Rei,
para o seu nomeamento mediante Real Decreto que se publicará no Boletín Oficial
do Estado, conforme o disposto no artigo 18 da Lei 1/1983, do 22 de
febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.
A comunicación a Súa Maxestade o Rei e ao presidente do Goberno efectuarase esta mesma tarde por correo electrónico, ao tempo que se enviará cadanseu documento orixinal que chegará a destino mañá a primeira hora.
O sábado terá lugar o seu xuramento do cargo.