A modo de resumo falou, entre outros dos seguirntes temas:
MÁIS EMPREGO E DE MELLOR CALIDADE
·
Anunciou unha nova Lei de
emprego de Galicia para que: a taxa de paro se sitúe nunha cifra por debaixo
dos dous díxitos, priorizar os colectivos máis afectados como os mozos,
mulleres e parados de longa duración e reducir a temporalidade e a precariedade
laboral.
·
Propuso unha estratexia máis
ampla que converta Galicia no lugar máis favorable para ser autónomo: extensión
durante un ano máis da tarifa plana, creación do Bono Autónomo de ata 2.000
euros, ampliación en 16 semanas adicionais da bonificación para conciliar e a
posta en marcha do Programa de remuda xeracional.
·
Promoverase unha auditoría que
detecte, aínda con maior claridade, posibilidades de axilizar todos os trámites
da actividade económica.
CRECEMENTO, INNOVACIÓN E COÑECEMENTO
·
Avanzou a posta en marcha de
novos programas de apoio á internacionalización, con máis coñecemento e máis
innovación.
·
Avogou por potenciar Galicia
como sede de I+D+i creando consorcios de innovación e abrindo novas
convocatorias de unidades mixtas.
·
Reforzarase a Estratexia de
captación de talento, flexibilizando os criterios de acceso ás axudas e
incrementando os recursos do Programa Ignicia.
·
Destacou a incidencia que teñen
a FP e as universidades sobre a economía e avanza que se completará a
adaptación do mapa de titulacións, ademais de introducir no ensino medio
materias innovadoras como Robótica e Programación
·
“Do mesmo xeito que a pasada
lexislatura foi a do naval ou a da automoción, esta ten que ser a lexislatura
do sector primario”, afirmou.
·
Destacou que grazas ás súas capacidades
tecnolóxicas o naval pasou dunha situación sen novos pedidos a ter hoxe
encargos por máis de 2.300 millóns de euros.
·
Lembrou que a automoción ten
garantida actividade para a próxima década e 3.000 millóns de investimento para
a industria auxiliar.
·
Cun investimento de 150
millóns de euros estanse sentando as bases para que Galicia se converta nunha
referencia mundial do sector aeronáutico.
·
No eido do turismo recalcou que
se traballará desde o primeiro minuto para que o do 2021 sexa “o mellor Xacobeo
da historia”.
·
Expresou o seu convencemento de
que as iniciativas de transformación láctea se traducirán en máis estabilidade,
mellores prezos e un futuro con máis esperanza para os gandeiros.
·
En materia forestal propuso distintas melloras entre as que destaca o recoñecemento da figura do
silvicultor activo, a redacción dos plans de ordenación de recursos forestais e
o impulso aos deslindes de montes veciñais en man común.
·
Salienta a importancia da
cogobernanza co sector pesqueiro para mellorar a xestión dos recursos marítimos.
·
Anunciou que tamén se poderán
beneficiar do programa de impostos cero os mozos, familias numerosas e persoas
con discapacidade que adquiran a súa vivenda habitual nun municipio de menos de
20.000 habitantes.
·
Garantiu que se completará a
rede de vías de altas prestacións para que a práctica totalidade dos galegos
teñan unha ao seu carón.
·
Anunciou a aprobación dun novo
Plan de transporte público pensado para o século XXI, que integre o transporte a
demanda e siga a impulsar a intermodalidade.
·
Apostou por un crecemento “ordenado e sustentable”,
con todas as infraestruturas hídricas funcionando ou coa execución garantida,
con menos emisións de CO2 e coa vista posta en que todas as
necesidades enerxéticas da Galicia do futuro poidan ser cubertas integramente
con enerxías renovables.
·
Unha nova Lei de patrimonio
natural ampliará e blindará os nosos espazos protexidos e a primeira Lei de
rehabilitación e mellora dos conxuntos históricos de Galicia promoverá a posta
en valor dos nosos centros históricos.
·
Comprometéuse a avanzar na
ordenación do territorio cunha nova lei que substitúa a anterior, aprobando un
Plan básico autonómico para que os concellos pequenos tamén poidan contar cun
PXOM actualizado e que integre as recomendacións da Guía de cores e materiais.
RESPOSTAS INTERXERACIONAIS, DESDE O BERCE ATA A TERCEIRA IDADE
·
Sitúou como os grandes retos do
noso Estado do Benestar a personalización e adaptación ao contexto demográfico.
·
“Esta será a lexislatura na que
Galicia finalizará o novo Servizo Público Galego de Saúde”, asegura, que
rematará co 100% dos galegos tendo ao seu carón un hospital ou un centro de
saúde novo ou renovado.
·
En materia educativa
reforzarase a aposta polo plurilingüismo e a formación en igualdade e no
respecto aos nosos símbolos, especialmente a lingua.
·
Seguirase traballando para
“consolidar Galicia como o mellor lugar para nacer e ser neno”, afondando nas
medidas de conciliación e garantindo a Tarxeta Benvida ata 2020, que se
ampliará ata os 3 anos para as familias en risco de pobreza ou exclusión social.
·
Profundarase na aposta polo
envellecemento activo, seguiranse creando prazas públicas para dependencia e
apostarase por unha Sanidade pública que deixe de estar limitada físicamente aos centros sanitarios e dea respostas á cronicidade.
·
Fixo un chamamento a todos os
grupos políticos para reflexionar conxuntamente sobre o reto demográfico, “un
asunto central no que nos queda de década e máis da próxima”.
·
No eido da Xustiza as melloras
centraranse en acelerar a informatización e facer realidade importantes
infraestruturas en Tui, Pontevedra, A Coruña e Vigo.
·
Avanzou que os empregados
públicos recuperarán nesta lexislatura o poder adquisitivo perdido durante a
crise económica.
·
Pediu consenso á hora de
reclamar un financiamento autonómico que remate coa provisionalidade, que
respecte o reparto de responsabilidades entre Goberno central e as comunidades
e que garanta a solidariedade interterritorial e recoñeza os cumpridores.
·
Asegurou que Galicia non está
disposta a pagar nin os privilexios que algúns queiran obter nin tampouco a
factura da parálise co AVE que está pendente desde hai décadas.
·
“Galicia pedirá sempre dous
requisitos previos nas relacións co Estado e coas restantes autonomías:
lealdade e unidade”, dixo.
·
Avogou por que a Conferencia de
Presidentes deixe de ser excepcional e case simbólica para converterse en
ordinaria e efectiva.
·
En relación ao debate sobre o
modelo territorial afirmou que Galicia non pode apoiar un proceso que carece de
rumbo e de punto de chegada, nin tampouco un trato de favor á insubordinación
sistemática ao marco legal que fixemos entre todos.
·
“Non esixo respecto para min,
para o meu Goberno ou para o meu Grupo; esixo respecto para a maioría dos
galegos aquí representados”, incide.
·
“Galicia é de todos e todos
temos a responsabilidade de facela nosa, para que os nosos fillos poidan ter a
oportunidade de facela súa”, dixo.
·
Salientou a disposición ao consenso
dunha “maioría que está aberta a todos os galegos e a todos os membros desta
Cámara”.
Recibirá resposta