viernes, 18 de noviembre de 2016

A importante oferta do 8º Salón do Automóbil en Expourense

Comezou hoxe o 8º Salón do Automóbil, organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.TO. Foi inaugurado esta mañá nun acto no que estiven e participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada, e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, entidade que por segundo ano consecutivo patrocina este salón.

Neste Salón serán presentados en primicia en España diferentes modelos e ofrecendo as últimas novidades con descontos especiais de feira. Con máis de 300 vehículos expostos valorados en total en máis de 5 millóns de euros, e contando coa participación de todos os concesionarios asociados a A.C.A.U.TO., é dicir, 17 empresas que presentan os últimos modelos de 33 marcas.

O vicepresidente de A.C.A.U.TO., Gerardo Aragonés, aproveitou para agradecer a súa participación a todas as entidades relacionadas con esta edición como é o caso do Servizo Municipal de Deportes por facilitar o reparto de invitacións para visitar o salón entre aqueles corredores, maiores de idade, que participen Carreira Popular de San Martiño que se celebrará este domingo día 20 de novembro. A entrega farase no momento da recollida do dorsal. 

Tamén quixo dar as grazas á Cáritas “por deixarnos achegar o noso grao de área. Calculamos que ao final do salón A.C.A.U.TO. poida entregarlles máis de 5.000 euros”. Por cada vehículo vendido, o concesario correspondente faralle unha doazón de 15 euros a esta entidade. Ademais, se o gañador do bono desconto de 6.000 euros tivera mercado un vehículo por un importe inferior, esa diferencia tamén se destinaría a Cáritas.

Neste 8º salón  tamén se está a colaborar con “Stop Accidentes” que contan cun stand informativo nestas citas e no que entregarán a aqueles interesados un adhesivo que ofrece (segundo a marca e o modelo do coche) unha “Folla de Ruta” que inclúe un plano do vehículo que facilitará o traballo dos bombeiros no caso de que fose preciso realizar unha excarcelación. 

Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra  do vehículo adquirido.


Puiden comprobar na visita ao recinto a moi ampla e completa oferta e estou seguro de que será un  completo éxito, superando os 11.872 visitantes do pasado ano, no que houbo vendas de máis de 300 coches.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta