Da sesión de control ao Goberno celebrada onte querido destacar a intervención da ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, agradecendo aos emprendedores o seu compromiso co país. "Foron os protagonistas da recuperación", dixo. A ministra anunciou que a primeira decisión que o Goberno traerá ao Congreso dos Deputados será a Lei de reformas urxentes para os autónomos, para que sexa aprobada pola Cámara canto antes e co maior consenso posible.
O Goberno, asegurou a ministra, quere seguir apoiando aos autónomos: "Hai máis de 122.000 emprendedores novos máis que fai cinco anos, que están a crear moito e bo emprego". E confirmou o acordo coas organizacións de autónomos e con Cidadáns para ampliar a tarifa plana de 50 euros de 6 a 12 meses, "para consolidar eses negocios e continuar coa actividade económica e coa creación de emprego".
"Para España o compromiso cos autónomos é primordial", afirmou Báñez, quen se comprometeu a seguir reforzando as medidas de protección social como o cesamento de actividade ou a compatibilidade entre salario e pensión, "porque para os autónomos é garantía de mantemento e mellora dos seus negocios".
Detalles da tarifa plana:
A tarifa plana introduciuse no Real Decreto-Lei de apoio ao emprendedor e de estímulo ao crecemento e á creación de emprego que aprobou o Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2013, dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo 2013-2016.
Posteriormente, a Lei de Emprendedores ampliou o ámbito de aplicación da tarifa plana a todos os novos autónomos, con independencia da súa idade.
Así mesmo, os autónomos poderán manter a bonificación cando contraten a traballadores, como estableceu a Lei pola que se modifica e actualiza a normativa en materia de autoemprego e adóptanse medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da Economía Social.
Beneficiarios:
A tarifa plana de 50 euros de cotización á Seguridade Social para incentivar aos novos autónomos beneficiou no connxunto do Estado, desde a súa posta en marcha a 1.007.290 emprendedores, dos que 381.933 son menores de 30 anos, catro de cada dez.
En Galicia beneficiou a 55.187 emprendedores, dos que 20.389 son menores de 30 anos, catro de cada dez.
En Ourense a tarifia plana beneficiou a 6.553 emprendedores, dos que 2.717 son menores de 30 anos, catro de cada dez.