miércoles, 9 de noviembre de 2016

Falando en Radio Voz da victoria de Donald Trump

Interveño esta mañá no faladoiro radiofónico que en Radio Voz modera Antía Díaz Leal, e na que particparon tamén Xosé Vázquez Gago e Antón Arias.

Sendo unha noticia de alcance mundial, falamos da clara  vitoria en EE.UU de Donald Trump cando as enquisas auguraban que podía suceder o contrario.

Dixen, que aínda que non era a noticia desexada pola maioría dos españois e europeos, os americanos libremente votaron e decidiron que gañase o candidato Trump, que non contaba co respaldo do seu propio partido e que tiña enfronte a unha candidata moi apoiada polo sistema e polo actual presidente Obama, ademais de por moitísimos personaxes famosos e populares do mundo do cinema, a música ou o deporte, que participaron moi activamente na  campaña electoral.

Unha vitoria que ademais levou que o Partido Republicano mantivese o control de ambas as Cámaras do Congreso, Senado e Cámara de Representantes.

Sobre o futuro presidente Donald Trump, dixen que en campaña electoral tivo evidentes excesos verbais que agardo que cando goberne non repita nin manteña. Hoxe mesmo na súa primeira comparecencia tras coñecer os resultados electorais trasladou unha mensaxe conciliadora e de chamamento á unidade moi explícito.

Dixen que as relacións bilaterais entre EE.UU e España son excelentes, tanto no plano político como no económico, desde 2012.

No plano político-militar, o  acordo sobre o escudo antimísiles  que afecta á base naval de Rota e o acordo para facer da Base de Morón a sede permanente Mando dos Estados Unidos para África.

No plano económico e comercial, destaquei que a Estados Unidos é o principal socio comercial de España, fóra da UE.

Este mercado representou en 2015 o sexto destino das exportacións españolas de bens, un 4,5% do total diríxense a EE.UU, e é o quinto provedor de España: algo máis do 4,3% das importacións españolas procederon de EE.UU. en 2015.

Apostei porque estas relacións continúen baixo a presidencia de Donald Trump.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta