jueves, 17 de noviembre de 2016

Na constitución de comisións Mixtas Congreso-Senado

Onte tivo lugar no Congreso a constitución de varias comisións Mixtas Congreso-Senado

Tras acordalo a Mesa do Congreso e do Senado en reunión conxunta, as Comisións Mixtas estarán formadas por 37 membros coa seguinte distribución: oito deputados e nove senadores serán designados polo Grupo Popular; cinco deputados e catro senadores polo Grupo Socialista; tres deputados e dous senadores polo Grupo Podemos-En Comú Podem-En Marea; dous deputados por Cidadáns; un deputado ou un senador por ERC; un deputado ou un senador polo Grupo Vasco (EAJ-PNV), así como un deputado e un senador polo Grupo Mixto.

As comisións mixtas terán a súa sede na Cámara á que pertenza o seu presidente. En caso da elección dun novo presidente durante a lexislatura, manterase a sede ata que conclúa o período de sesións. Rexeranse polo Regulamento da Cámara na que teñan a súa sede.

O GPP designoume como vogal en dous destas Comisións Mixtas. Na Comisión Mixta de Relacións co Defensor do Pobo, na que eliximos como presidente ao deputado por Guipuzkoa Joseba Andoni Agirretxea do GP Vasco.

E na Comisión Mixta  para o Estudo do Problema das Drogas, na que elixmos presidentea a deputada por Ciudad Real María del Carmen Quintanilla Barba do GPP.

Noraboa a todos eles e aos demáis integrantes desta Comisión.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta