Onte tres novos deputados, Celia Alberto, Javier Calvente e Tomás Fole acataron no Pleno do Congreso a Constitución como novos deputados do Grupo Parlamentario Popular en substitución de Matilde Asian González, José Enrique Fernández de Moya e Irene Garrido.
Felicidades a todos eles e moi respectivamente ao arousán Tomás Fole Díaz que substitúe a Irene Garrido, nomeada Secretaria de Estado de Economía. Fole é Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Máster en Auditoría de Empresas. Asesor fiscal. E foi Concelleiro de Vilagarcía de Arousa (2003-2016) e Alcalde (2011-2015).
A sesión plenaria de onte martes comezou ás 16h, co debate de toma en consideración de dúas Proposicións de Lei. Así, o Pleno acordou iniciar a tramitación da iniciativa lexislativa presentada polo Grupo Parlamentario Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem- En Marea, é relativa á fixación da contía do salario mínimo interprofesional.
En segundo lugar debateuse unha proposta de Esquerra Republicana de reformar a Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, para ampliar o dereito de sufraxio activo aos maiores de 16 anos, cuxa toma en consideración quedou rexeitada.
Posteriormente sometéronse a debate dúas proposicións non de lei, unha iniciativa do Grupo Popular para alcanzar un gran pacto nacional para fortalecer e garantir o noso sistema público de pensións dentro do marco do Pacto de Toledo, aprobada nos termos dunha emenda acordada por varios grupos; e outra de Cidadáns sobre a creación dun pacto social, político e institucional para a mellora, modernización, axilización e independencia da Xustiza, que quedou rexeitada
Finalmente votouse, a porta pechada, tal e como establece o articulo 63.2 do Regulamento do Congreso, o ditame da Comisión do Estatuto dos Deputados achega do suplicatorio formulado en relación ao deputado Francesc Homs. A Cámara acordou autorizar o suplicatorio.
Recibirá resposta