Dá conta este anuncio de que no proxecto de trazado das áreas de servizo de Taboadela realizouse unha reserva de terreo para a futura construción das dúas áreas consistente en dúas parcelas xemelgas de aproximadamente 3 hectáreas de superficie cada unha.
Cada unha das áreas de servizo contará cunha estación de servizo para a reposición de combustible, protexida mediante unha marquesiña, así como un edificio destinado a restaurante-cafetería e tenda, ademais dos elementos de urbanización necesarios. Cada unha das áreas dispoñerá de aparcadoiro para vehículos lixeiros (entre 70 e 83 prazas) e 36 prazas para vehículos pesados.
Sen dúbida unha boa noticia para dar un mellor servizo aos usuarios desta importante autovía esencial para as comunicacións galegas.
Recibirá resposta