Hoxe antes de iniciar a primeira sesión de control ao Goberno do Pleno do Congreso desta Lexislatura, os deputados puxémonos en pé para gardar un minuto de silencio polo falecemento, ocorrido esta mañá, da senadora Rita Barberá.
Un pasamento que todos os membros do Partido Popular lamentamos especialmente.
O xefe do Executivo, Mariano Rajoy, nesta sesión de control defendeu as políticas de emprego levadas a cabo nestes últimos anos porque "funcionaron" e animou a todos os grupos parlamentarios a facer propostas para mellorar a calidade do mercado laboral.
O presidente do Goberno, en resposta á pregunta formulada polo deputado do Grupo Socialista, Antonio Hernando, sobre a precariedade laboral e a desvalorización dos salarios, subliñou que a maior precarización no mundo laboral é o aumento do paro e o descenso na afiliación á Seguridade Social.
Nesta liña, sinalou que a xestión realizada polo Executivo permitiu, en menos de tres anos, aumentar o número de afiliados á Seguridade Social en 1.639.000 persoas.
Neste sentido e en resposta ao deputado do Grupo Cidadáns, Albert Rivera, que tamén se interesou pola situación do mercado laboral, Rajoy lembrou que o ano 2015 -segundo a EPA publicada no seu momento- foi o ano no que se creou máis emprego en España na serie histórica. Un dato positivo, que, ao seu xuízo, indica que "imos na boa dirección".
Con todo, o presidente recoñeceu que aínda queda moito por facer pois o obxectivo é conseguir que no ano 2020 haxa 20 millóns de españois traballando "nas mellores circunstancias posibles".
En relación coa sentenza do Tribunal Europeo que recomenda equiparar as indemnizacións dos traballadores interinos temporais ás dos fixos, pola que se interesou o deputado do Grupo Cidadáns, Albert Rivera, Mariano Rajoy explicou que se creou un grupo de traballo con representantes nomeados polas organizacións empresariais e sindicais para estudar a súa aplicación en España.
Recibirá resposta