Hoxe houbo na Deputación Provincial de Ourense sesión plenaria na que foi debatida unha Moción
sobre a variante ferroviaria proxectada entre
Taboadela e Ourense.
Nela se recordana como o pasado 19 de abril de 2013 a anterior ministra de
Fomento, Ana Pastor confirmou esta variante como a solución máis axeitada para
a chegada da alta velocidade á cidade. Optimizábase o trazado contemplado no
proxecto de 2011, facendo un replantexamento dalgunhas das actuacións
ferroviarias complementarias, co obxectivo de favorecer a conexión de alta
velocidade nos prazos previstos e o máximo aproveitamento dos recursos
dispoñibles.
Recordábase que desde aquela data fóronse
sucedendo diversos avances administrativos na tramitación ministerial desta
variante ferroviaria. E que a mesma ministra de Fomento o 22 de xuño de
2016 reiterou nunha visita á cidade o compromiso con esta variante, afirmando
que “para o tramo Taboadela-Ourense, propuxemos unha solución optimizada,
sustentable e funcional, que por suposto mantén as prestacións expostas no
Estudo Informativo inicial e que posibilita a chegada do AVE á cidade de
Ourense e que se trata dunha solución consensuada con todas as
Administracións”.
Por esos antecedentes e pola vixencia da súa
necesidade, o PP defendeu esta Moción que finalmente foi aprobada nos seguintes términos:
1º.- Instar ao Ministerio de Fomento a que, en
coherencia con todos os pasos administrativos antes citados, proceda nesta
lexislatura a continuar avanzando na execución da proxectada variante
ferroviaria entre Taboadela e Ourense.
2º.- Trasladarlles copia deste acordo ao
Presidente do Goberno de España e ao Presidente da Xunta de Galicia.
Recibirá resposta