Falamos
en primeiro lugar do informe PISA (Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos) de 2015 que deixa a Galicia en moi bo lugar.
Resaltei
o valor do informe dado a coñecer pola OCDE. Unha enquisa na que se avaliou a preto de 540 000 estudantes de 15 anos
de idade en 72 países, sobre as súas competencias en ciencias, lectura,
matemáticas e resolución de problemas de maneira colaborativa.
Dixen
que convén resaltar os resultados de Galicia en dous das materias analizadas
(en lectura dez puntos e en matemáticas, cinco) e que se mantén nun máis que
digno terceiro posto en ciencias, aínda que non mellorou no últimos tres anos.
Mérito
que ten máis relevancia en Galicia tendo en conta a dispersión poboacional que
dificulta a prestación deste servizo público.Destquei que neste informe Galicia
aparece como a Comunidade Autónoma co sistema educativo máis equitativo por
diante de todos os países da OCDE. Ademáis da máis inclusiva do Estado,
co 91,1% do alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) integrado
no réxime ordinario.
Falamos tamén despois da celebración do día de onte dunha posible
reforma da Constitución. Dixen que tal como expresou onte o presidente Rajoy
estamos desde o PP dispostos a considerar calquera modificación que sexa
razoable, pero é necesario coñecer que se pode reformar, saber para que e concretar que se vai a tocar e que
non.
Entre os puntos crave "a unidade de España, a soberanía
nacional, a igualdade dos españois, os dereitos e liberdades fundamentais, a
nosa pertenza a Europa e, desde logo, os alicerces básicos do Estado de
Benestar, que son a sanidade, as pensións e a educación".
Lembrei como a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de
Santamaría, expuxo a pasada semana ante a comisión Constitucional do Congreso
que só se hai consenso, concordia e prudencia poderíase chegar a unha reforma
exitosa da Constitución. E puxo en valor que o éxito da Constitución é que, sen
ser un produto exclusivo de ninguén, puido reflectir o sentimento de todos.
Tamén valorei como moi sensatas as palabras de onte do presidente
da Xestora do PSOE, Javier Fernández que defendeu a reforma da Constitución
"para fortalecela" pero manifestando que se debe manter o concepto de
nación recollido na Constitución porque hai unha soa cidadanía.
E que engadiu que "antes de que se dean os pasos formais, como
sería a convocatoria do relatorio constitucional e, mesmo, a creación dunha
subcomisión, hai que falar e negociar".
"Buscaremos o consenso previo para que se forme unha subcomisión
no seo da Comisión Constitucional".
Defendín o valor da Constitución de 1978 que leva rexendo a vida
española durante catro décadas en paz e en liberdade e que, á marxe das reformas que poida hoxe
necesitar, foi a primeira de natureza democrática vixente en España.
Recibirá resposta