Acudo hoxe pola mañá na Casa de Galicia acompañado por Miguel Viso á presentación do programa
“Un paseo polo Nadal de Galicia” pola directora de Turismo de Galicia, Nava
Castro, pensada para promover a oferta turística da Comunidade nesta época do
ano.
Nesta presentación tamén participou o delegado da Xunta en
Madrid,José Ramón Ónega, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira
de Turismo e Comercio de Viveiro, Marisol Rey.
O
programa “Un paseo polo Nadal de Galicia” aglutina numerosas actividades
especiais como os beléns, salpicados por toda a Comunidade, os mercados de
Nadal das sete grandes cidades; actividades de artesanía como Artenadal, en
Lugo, ou Ofeitoaman, en Vigo; e de tipo cultural como o “Nadal no Gaiás” e
outros eventos de música, teatro, xogos ou concursos.
Nava
Castro explicou que o programa presentado propón 17 actividades belenísticas,
entre as que resaltou o belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, e
o belén electrónico de Begonte, en Lugo, os dous declarados Festa de Interese
Turístico de Galicia.
A
directora de Turismo destacou que este programa demostra que “Galicia é un
destino multiexperiencial, cunha grande oferta turística para todos os públicos
e ao longo de todo o ano”. En Nadal, segundo afirmou, Galicia “ofrece numerosos
atractivos que a converten no destino perfecto para disfrutar de estas
sinaladas datas”.
O alcalde de
Ourense Jesús Vázquez presentou neste mesmo acto a campaña do Nadal
"Ourense con luz propia" que o Concello programou para este ano e que
conta con máis de 200 actividades para toda a familia e todas as idades, coas
que pretende converter á cidade na "Capital Galega do Nadal".
Fixo unha especial
referencia ao Belén do escultor Arturo Baltar, que abrirá as súas portas este
venres ás 19h, con iluminación especial e sorpresas na Praza de San Cosme, e
que está formado por unhas cincocentas
pezas entre as que se poden recoñecer personaxes populares dá cidade dás Burgas.
Tamén falou do XXI Concurso de beléns de Ourense, da sorprendente iluminación da cidade e das suas potencialidades
turísticas (compras, termalismo, gastronomía, cultura, patrimonio, etc..)
Recibirá resposta