martes, 6 de diciembre de 2016

No acto conmemorativo do 38º aniversario da Constitución Española

Asisto esta mañá no Auditorio de Ourense ao acto conmemorativo do 38º aniversario da Constitución Española. 

Estivo presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, acompañado polo alcalde, Jesús Vázquez, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Cadenas, a delegada da Xunta, Marisol Díaz, depurados, senadores e moitas máis autoridades, representacións e convidados . 

Neste acto foron distinguidos os alumnos de diversos colexios da provincia premiados no 33 Concurso sobre a Constitución que se celebra todos os anos. Este ano tivo como lema "Do Goberno e a Administración (título IV)".

Destacar a actuación da moi nova Banda de Música do Barco de Valdeorras que dirixe Manuel Prada Ramos. Excelente.

Unha vez máis resaltar o magnífico discurso do subdelegado Roberto Castro, esta vez unindo mensaxes do Quixote cos dos muiñeiros dos nosos ríos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta