Asisto
onte a inauguración da nova iluminación exterior da Ponte Vella de Ourense, nun
acto no que estuvieron, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación,
Rosendo Fernández; o presidente del Parlamento, Miguel Santalices e os
conselleiros Ethel Vázquez y Román Rodríguez, ademáis doutras autoridades.
Ademís foron moitos os vecinos que se participaron neste acto.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse ás obras da Ponte Romana de Ourense como un exemplo da aposta por preservar, recuperar e poñer en valor o patrimonio da Comunidade. “Hoxe damos por concluídos os traballos da primeira fase da intervención coa que a Xunta, a través do labor coordinado entre as consellerías de Infraestruturas e de Cultura, cumpre co seu deber”, dixo, incidindo en que as construcións históricas precisan dunha protección activa que evite que esmorezan e se deterioren co paso do tempo.

Durante a visita á ponte, Feijóo lembrou que fai algo máis dun
ano, Concello e Xunta plasmaron nun convenio de colaboración a vontade
compartida de procurarlle a este monumento o tratamento que merece como ben de
gran valor cultural, erixido, ademais, en emblema e reclamo turístico da
cidade.
Sobre este punto precisou a posta en marcha dun conxunto de
labores supervisadas polos técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia e que
responderon ao triplo obxectivo de conservar, dignificar e potenciar a maxestuosidade
da Ponte Romana. “Para conservala traballamos, restaurando un dos tallamares da
ponte, substituíndo o pavimento da ponte e con outras pequenas obras de
restauración de pezas deterioradas. Para dignificala, retiramos elementos
alleos ao monumento como unha vella tubaxe de abastecemento. E para potenciala,
acometemos a actuación máis singular de todas as levadas a cabo sobre esta
construción histórica: a nova iluminación”, abundou Feijóo.
O titular da Xunta avanzou, ademais, a segunda fase das obras co
obxectivo de estender ao contorno da Capela dos Remedios o proxecto de posta en
valor da ponte. E, concluíu destacando a cidade de Ourense como un exemplo en
cooperación e disposición ao acordo, reflectido tamén en proxectos como os
labores de reparación da Ponte do Milenio, a conversión en museo dos restos da
antiga igrexa de San Francisco.
Parabens a todo Ourense que vai a poder difrutar da beleza e categoría do primeiro monumento da cidade, e moi especialmente ao alcalde Jesús Vázquez que foi o promotor desta feliz iniciativa.
Parabens a todo Ourense que vai a poder difrutar da beleza e categoría do primeiro monumento da cidade, e moi especialmente ao alcalde Jesús Vázquez que foi o promotor desta feliz iniciativa.