Así referíndose ao acceso ferroviario en alta velocidade, dixo que se traballa en impulsar a vertebración do territorio a través da redución dos tempos de viaxe e citou expresamente e en primeiro lugar, o corredor de Galicia.
Dixo que "hai un compromiso inequívoco do Goberno para poñer en marcha canto antes o corredor de Galicia, que é absolutamente necesario para a vertebración do país, un compromiso inequívoco de impulsar as actuacións que están en marcha, e ese compromiso xa o trasladamos ao Goberno e ratificarémolo nas próximas reunións que vaiamos manter, en concreto na de xaneiro co presidente da Xunta para falar de como fomos resolvendo algúns dos tramos que nestes momentos están en situación comprometida desde o punto de vista técnico"

Polo que respecta á variante ferroviaria entre Taboadela e Ourense, reiterou o compromiso de darlle continuidade, a vez que desculpou as súas confusas declaracións da pasada semana: "E tamén as pedín no caso dalgunhas afirmacións que puideron non interpretarse adecuadamente, no sentido de que poñiamos en dúbida un compromiso que, desde logo, nunca puxemos en dúbida en relación con Galicia. Por tanto, esa creo que é tamén una das formas nas que pretendemos que se desenvolva a nosa acción de goberno no marco do ministerio, desde a humildade, desde a sinceridade, desde o traballo intenso e desde a colaboración e o diálogo con todas as forzas políticas".
"En xeral, creo que a posición do Goberno foi clara no que se refire ás transferencias -tanto aquí como en Galicia e noutros lugares- de infraestruturas que consideremos que teñen que formar parte da rede do Estado, xa sexan rede de estradas ou doutro tipo, e que forma parte da necesidade de articular e vertebrar o territorio, de garantir as conexións internacionais, de poder dar continuidade a servizos con carácter suprarregional e cumprindo eses requisitos que son os que marca a lei - non os que se deciden politicamente-. Somos partidarios dese mantemento da titularidade. Pero tamén somos partidarios -como trasladamos e como no caso da AP-9 debatemos co presidente da Xunta- de compartir as decisións que se vaian a tomar tanto de infraestruturas como da súa xestión e chegar a acordos coas comunidades autónomas para establecer con carácter xeral as principais prioridades á hora de levar a cabo eses investimentos."