Na mañá de hoxe os deputados ourensáns do Partido Popular achegámonos á Comisaría de Policía de Ourense para manter unha reunión con membros do Comité Federal Territorial de Galicia do Sindicato Unificado de Policía. lembrar que na décima Lexislatura mantivéramos outra reunión con este mesmo colectivo na sede do Partido Popular.
Neste encontro recibimos un dossier con información sobre aspectos relacionados coa actividade policial e as reivindicacións e aspiracións deste colectivo, con propostas de modernización.
Cuestións relacionadas con persoal, medios materiais, etc formaron parte das conversacións, do mesmo xeito que sobre algunhas necesidades do recentemente creado Subgrupo Operativo da Unidade de Prevención e Reacción (UPR) na Comisaría Provincial de Ourense
Está integrada por once funcionarios: oito axentes, un subinspector e dous oficiais que estarán inseridos na Brigada de Seguridade Cidadá e que realizan as funcións específicas desta unidade e que lle son propias, como a prevención, mantemento e, no seu caso, o restablecemento da orde e a seguridade cidadá.
Nesta reunión a deputada Ana Vázquez Blanco, boa coñecedora de toda esta problemática, polos seus moitos anos de pertenza á Comisión de Interior do Congreso trasladou aos integrantes do SUP a disposición ao diálogo para buscar solución aos problemas, en aras á mellora do servizo público de seguridade.