viernes, 2 de diciembre de 2016

Aínda que a afiliación media á Seguridade Social baixa en novembro, crece en 557.437 persoas no último ano

Hoxe tamén coñecemos que a afiliación media á Seguridade Social sitúase no conxunto de España en 17.780.524 persoas en novembro. Aínda que se trata dun mes tradicionalmente discreto en termos de ocupación, mantense a boa tendencia da taxa anual, que crece un 3,24%, a maior nun mes de novembro desde 2005. Isto tradúcese nunha ganancia de 557.437 afiliados respecto ao ano pasado.

Novembro é un mes de tránsito entre a campaña estival e o do Nadal e iso reflíctese nos resultados. Algunhas CCAA, encabezadas por Baleares, están a notar o final da tempada, cuxos límites son cada vez máis difusos debido ao bo tempo e o empuxe do sector turístico. En paralelo, os labores de vendima concluíron e espérase á recolección de cítricos, condicionada polas choivas torrenciais.

En termos desestacionalizados, a ocupación avanza un mes máis (22.603) e acumula 35 en positivo.

VARIACIÓN MENSUAL

O Réxime Xeral descendeu en 31.353 persoas (-0,22%), ata alcanzar os 14.519.796 ocupados. A  afiliación en novembro creceu sobre todo en Educación, con 25.121 ocupados máis (3,10%). Séguenlle Comercio, Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas sumou 21.150 (0,92%); Construción, 11.066 (1,57%); Industria Manufactureira que aumenta en 8.158 (0,47%) e Información e Comunicacións, 3.646 (0,88%).

En sentido contrario, e en coherencia con outros meses de novembros,  destaca a Hostalería, con -91.025. Así mesmo hai descensos en Agricultura, Gandería, Caza, Selvicultura e Pesca, -4.148 ou Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, -2.236.

En canto ao Sistema Especial Agrario experimenta un descenso de 9.406 afiliados (-1,22%). Na actualidade conta con 764.672 afiliados medios.

Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do  Fogar rexistra 1.727 persoas máis (0,41%) e suma en conxunto 427.992 ocupados.

O Réxime de Autónomos engloba a 3.193.893 persoas, tras descender en -366 afiliados en novembro. O Réxime Especial do Mar descende en 1.072 persoas (-1,65%), co sitúase en 64.082. Finalmente, o Carbón descende en 40 afiliados (-1,43%).

Por comunidades, a afiliación increméntase en nove territorios.  En maior medida en Comunidade Valenciana, con 27.189  ocupados máis (1,57%); a Comunidad de Madrid, 22.036 afiliados (0,75%); Andalucía, 10.583 (0,37%),  Canarias, 6.533 (0,88%); Región de Murcia, 6.364 (1,21%); País Vasco, 1.826 (0,20%); Melilla, 183 (0,83%) e Ceuta, 109 (0,51%).

En sentido contrario, Baleares (-72.850), Castela-León (-11.073), Castela-A Mancha (-10.723) e A Rioxa (-4.063).

RESPECTO DE 2015

En termos interanuais, novembro conta con 557.437 afiliados medios máis, o 3,24%.

É o maior aumento interanual desde 2005, ano condicionado pola  regularización masiva de inmigrantes, e tras o dato de outubro é o segundo mellor do ano.

En concreto, Réxime Xeral suma 527.147 traballadores, o 3,77%.

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos avanza en taxa anual o 0,88%, o que se traduce nun aumento de 27.706  persoas. O Réxime do Mar aumenta un 5,77% (3.427) e o Carbón descende en 913 persoas (-24,90%).

En relación ao ano pasado a ocupación crece en todas as Comunidades Autónomas(incluídas as cidades autónomas de Ceuta e Melilla). Destacan Cataluña, con 122.870 afiliados máis (4,01%); Comunidad de Madrid, con 93.504 (3,27%); Andalucía, con 77.773 (2,80%) e Comunidade Valenciana, con 64.840 (3,82%).


GALICIA

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 968.544 ocupados en novembro, o que supón un descenso mensual de – 3.008 persoas (-0,31 %).

O Réxime Xeral conta con 730.777 persoas (deles 5.070 no Sistema Especial Agrario e 27.580 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con 215.948 persoas. O do Mar conta con 21.818 persoas.

En termos interanuais, novembro pechou con 19.414 afiliados medios máis, un 2,05  %. Este incremento é o segundo maior producido desde 2007 e xa son 32 os incrementos consecutivos producidos, desde abril de 2014.

OURENSE

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 100.920 ocupados en novembro, o que supón un descenso mensual de – 600 persoas (-0,59 %)

O Réxime Xeral conta con 75.482 persoas (deles 276 no Sistema Especial Agrario e 3.345 no Sistema Especial do Empregados do Fogar) e o de Autónomos conta con 25.438  persoas.

En termos interanuais, novembro pechou con 1.249 afiliados medios máis, un 1,25 %.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta