No acto
interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José
Ramón Ónega; o propietario do Balneario Termas Romanas de Lugo, Antonio
Garaloces Paz; e un dos autores, Juan Mario Crecente Maseda.
A obra que
conta con case setecentas páxinas e numerosas imaxes tanto antigas como
actuais, ofrece un amplo e completísimo estudo realizado sobre o balneario así
como varias propostas de valorización do mesmo.
Ónega, tras as palabras de benvida, en relación ao libro
comentou que se trata de "unha obra excepcional que quedará como libro de
consulta para as xeracións vindeiras, polos textos, as imaxes e a propia
historia que é a nosa".
Pola súa banda, o propietario Antonio
Garaloces Paz falou da súa experiencia persoal e dos máis de 30 anos que leva
como director do complexo, "que aúna o termalismo terapéutico co lúdico
grazas ás amplas propiedades das augas que manan e cuxa formación os expertos
dataron en 15.000 anos". Tamén do que supuxo para el e a súa familia a
realización deste libro, presentado "con especial ilusión".
Para Mario Crecente,
-Dr. arquitecto. Director de Crecente Asociados Consultores S.L., oficina
especializada en arquitectura, patrimonio e turismo, con especial dedicación ao
mundo do termalismo-, explicou en nome de Silvia González Soutelo -Dra. en
Historia Antiga e Arqueoloxía; e especialista en termalismo antigo.
Investigadora Torres Quevedo do MINECO-, "os motivos que levaron a
expor a elaboración deste libro", facendo un breve repaso sobre os
diferentes temas tratados (con referencia aos seus autores), as novas achegas
que se inclúen neste traballo, vinculadas ao rexistro fotográfico, o deseño de
novos planos e de novas interpretacións do complexo termal antigo, a
elaboración dunha imaxe 3D con láser scanner do edificio romano, así como unha
importante recompilación documental que se pode consultar nos seus anexos.
Crecente destacou ademais "a
singularidade desta publicación e a súa relevancia para levar a cabo un modelo
de activación do patrimonio termal, a partir das propostas expostas no Plan
Director do Balneario", e achegou reflexións persoais vinculadas á
experiencia vivida nesta década de traballos sobre este balneario histórico.
Tamén fixo referencia igualmente a diversas propostas de dinamización do
patrimonio, así como á visión de futuro deste establecemento apoiándose en
"a calidade das súas augas e na súa dilatada historia".
Parabens ao
editor Mario Crecente, que como é coñecido é tamén o redactor do Plan Termal provincial
de Ourense que contempla actuacións referidas a infraestruturas novas e de
mellora de instalacións, produtos termais, coñecemento e promoción termal, etc.
Recibirá resposta