O orzamento estimado
para as expropiacións é de preto de 530.000 euros e o de licitación do proxecto
de construción ascende a 27,4 millóns de euros. A Consellería de
Infraestruturas e Vivenda ten prevista a licitación do contrato de obras ao
longo do ano 2017, polo que reservou nos orzamentos da Xunta unha partida
específica para esta actuación, ao tempo que se recollen os fondos necesarios
para executala nos orzamentos futuros.
Ademais, os esforzos
do executivo autonómico lograron a disposición de 15 millóns de euros de fondos
FEDER, do período operativo 2014-2020, para garantir a execución desta
conexión.
O obxecto desta actuación é a construción dunha vía de novo
trazado, que contará con 4,5 quilómetros de lonxitude e percorre os termos
municipais de San Cibrao das Viñas e de Taboadela. Unha vez que estea en
servizo reducirá o percorrido de conexión coa A-52 nun 66%, ao pasar de 11 a 4,5
quilómetros, e, adicionalmente, mellorará a conectividade coa autovía de
Celanova. O trazado escollido é a alternativa máis viable e axeitada,
compaxinando a menor afección posible cos terreos, edificacións e
infraestruturas xa existentes cos requirimentos técnicos que ten unha vía
destas características. Así, a nova infraestrutura comezará no enlace de
Gargantós da A-52, onde se conecta a propia autovía co viario local e a autovía
AG-31 (Ourense-Celanova).
A vía disporá de estruturas singulares como un viaduto de
510 metros sobre o rego de San Benito, 6 pasos inferiores e un superior. A
tramitación deste expediente expropiatorio, ademais de iniciar o proceso para a
obtención dos terreos para a execución das obras, é necesaria neste momento
para poder realizar as sondaxes xeotécnicas no punto exacto onde se situará a
cimentación das pías do viaduto previsto, e así contar coa máxima información
posible para a execución das obras.
Trátase dun motor económico para toda a
provincia que precisa das boas conexións coa rede viaria de alta capacidade
para incrementar a súa eficacia na distribución de materias e mercadorías e
xerar maior actividade.
A Xunta, consciente de que esta zona industrial é
estratéxica na provincia, pretende impulsar unha conexión que atenderá a
demanda empresarial e cidadá, favorecerá a mobilidade e os desprazamentos nesta
área industrial e ofrecerá novas facilidades para que as industriais alí
asentadas poidan medrar.
A mellora das conexións suporá novas oportunidades
para que o polígono se converta en polo de atracción de novos investimentos na
provincia de Ourense e de toda Galicia. Sen dúbida unha excelente nova.
Recibirá resposta