sábado, 17 de diciembre de 2016

O Belén de Arturo Baltar, unha obra de arte en se mesma

Acudo onte a apertura ao público do Belén de Arturo Baltar na capela de San Cosme e San Damián, que foi precedida da actuación dun coro de nenos dda Capela Madrigalista.
O Belén ten a súa orixe nun encargo que lle fixo ao escultor, no mes de outubro do ano 1967, a Asociación de Belenistas de Ourense presidida daquela por Amando Prada Castrillo, un prestixioso avogado recentemente finado.

Comezaba así o primeiro Belén de Arturo Baltar formado polas figuras principais do Portal: Xosé, María co neno no colo, o boi e a mula, un anxo, os tres Reis Magos. Que se presentou nos soportais da Casa do Concello.

Como informa a web municipal este xermolo de Nacemento vai medrando en esculturas cada ano con máis personaxes, grupos sociais, arquitectura civil e relixiosa, ambientación paisaxística... Xentes, edificios e lugares recreados nas vivencias do autor e que crianzas e maiores poden recoñecer no seu imaxinario.
No ano 1969 colocouse no Museo Arqueolóxico ante o claustro románico e xa en 1970 e toda a década instálase, durante o Nadal, xunto ao Pórtico do Paraíso da Catedral Auriense.

No Nadal de 1980, aproveitando o espazo da capela se san Cosme e Damián, instalouse definitivamente o Belén moito máis ampliado e xa como un conxunto escultórico de grande beleza.

No ano 2010 remodélase por completo a capela e máis o edificio anexo para albergar o Belén de Arturo Baltar e unha parte significativa da súa obra. Entre outras unha fermosa adicada a un vello café cantante da rúa do Paseo de Ourense "A Bilbaina"

A reforma supuxo unha ampliación espacial e conceptual do espazo pero tamén temporal, xa que as melloras influíron no carácter estacional do Belén, que se tornou en permanente. 


Onte foron centos de vecinos, especialmente nenos os que pasaron por este impresionante Belén que ninguén debe deixar de visitar. 

Paga a pena disfrutar desta auténtica obra de arte.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta