lunes, 26 de diciembre de 2016

Sobre o futuro cambiador de anchos de Pedralba de la Pradería da Liña de AVE Madrid-Galicia

Releo hoxe o BOE do pasado 17 de novembro que publicaba unha Resolución da Entidade Pública Empresarial ADIF - Alta Velocidade, pola que se anuncia a licitación do contrato de "obras de execución do proxecto construtivo do cambiador de anchos de Lobeznos (Pedralba de la Pradería) na Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia". Pode parecer algo menor, pero é unha obra de gran importancia para esta Liña.


Determinábase que o límite de obtención de documentación e información para os licitadores sería ata o día 3 de xaneiro de 2017. E que o prazo de execución/entrega sería de 13 meses. 

Tamén se mencionaba como valor estimado do contrato, a suma de 6.744.806,70 euros, e como importe total: 7.780.759,61 euros.

O día 20 de xaneiro de 2017 procederase   á das ofertas económicas ante ña Subdirección de Contratación da Dirección de Compras e Contratación de ADIF-AV.

Sinalar que o cambiador de ancho é unha instalación onde se realiza o cambio de ancho nun vehículo ferroviario para adaptalo a un ancho de vía diferente. 

Os sistemas de cambio automático permiten aos trens pasar dunha liña cun ancho ibérico (ancho ibérico = 1668 mm.) a outra con ancho UIC ou internacional (1.435 mm.) ou viceversa, variando a distancia entre as rodas, sen cambiar os eixos nin os bogies, de forma automática e mentres o tren circula pola instalación. Tamén é posible cambiar o ancho a outras medidas, como de ancho 1520 mm en países bálticos ao ancho internacional 1435.

En España están nos lugares da xeografía española onde coexisten liñas con diferentes anchos, entre as que se atopan as novas liñas de alta velocidade en ancho internacional.

Na cidade de Zamora existe na actualidade un cambiador tipo Talgo en foso que foi tamén elixido pola súa versatilidade dada a inexistencia de electrificación na vía convencional entre Zamora e Ourense. 

Circunstancia que provoca que o paso dos trens da liña de alta velocidade entre Olmedo e Zamora á vía convencional entre Zamora e Ourense requira pasar de tracción eléctrica a tracción diesel ademais do obrigado cambio de ancho. 

Pois ben, o cambiador de Lobeznos (Pedralba de la Pradería) licitado e que se deberá adxudicar en xaneiro de 2017 posibilitará no futuro aos trens Alvia a circulación por unha liña de alta velocidade e electrificada ata ese punto e proseguir daquela a viaxe a Galicia en vía convencional, mentres non finalicen as obras nos tramos seguintes.

Tendo en conta que desde Taboadela ata Ourense aínda non están licitadas as obras de plataforma da liña alta velocidade, é razoable ir valorando a planificación dun futuro cambiador de ancho automático en Taboadela, como solución provisional mentres non finalice a variante exterior de Ourense.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta