lunes, 5 de diciembre de 2016

O interior de Galicia recibe máis fondos que o eixo atlántico para paliar a súa desvantaxe situando o gasto total da Xunta por habitante na provincia de Ourense en 3.550 euros

Escoito esta mañá na sede do Partido Popular de Ourense as intervencións en rolda de prensa do presidente provincial Manuel Baltar e dos parlamentarios, en relación coa valoración do proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2017.

Unha firme aposta polo rural, como defensa do territorio e para crear riqueza, máis recursos para o fomento do emprego e unha política baseada nas persoas para a mellora social, foron os aspectos máis destacados. Un proxecto que para o presidente provincial dos populares, Manuel Baltar, desvela “un programa que se vai cumprir e que apunta á procura do equilibrio territorial”.

Baltar quixo destacar a “a máxima axilidade demostrada por un goberno forte para que hoxe estemos a falar de orzamentos”, pouco máis de dous meses despois das eleccións autonómicas. O proxecto de lexislatura que agora principia, engadiu, será o do cumprimento dun programa “que xa nos deixou realidades na anterior etapa, como a autovía a Celanova, o novo hospital ou o edificio xudicial”, traballo recoñecido “co resultado electoral de setembro”.

Logo da introducción do presidente provincial, os parlamentarios José González e César Fernández Gil detallaron algúns dos aspectos máis destacados do proxecto orzamentario na provincia, salientando o incremento próximo ao 20 % en Medio Rural (con preto de 70 millóns de euros), a suba do 16,2 % en Economía e Emprego (ata os 16,8 millóns) e o 60 % de incremento en Política Social (máis de 3 millóns),

José González, que fixo un percorrido polas liñas xerais do orzamento da Xunta, subliñou que o interior de Galicia “recibe máis fondos que o eixo atlántico para paliar a súa desvantaxe, situando o gasto total da Xunta por habitante na provincia de Ourense en 3.550 euros”, engadindo tamén que “se pode consolidar o crecemento económico con máis gasto público, máis investimentos e unha política fiscal que dá as familias, especialmente ás de rendas mais baixas, unha maior capacidade de consumo”.

A transversalidade foi o aspecto salientado por César Fernández Gil, apuntando que “a aposta polo medio rural se pode observar no conxunto dos orzamentos, o que se traduce nun importante número de medidas para impulsar o desenvolvemento dunha provincia na que máis do 80 % do seu territorio é rural”.

Ambos os dous detallaron algúns dos aspectos do proxecto económico que, ao seu xuízo, merecen especial atención:

Presidencia: 4.764.346,50 €

·         Máis de 2 millóns de euros para promoción e dinamización turística na provincia, ao que se engaden os máis de 324.000 euros para o novo albergue de peregrinos de Ourense, que permitirá una maior integración e coñecemento da cidade por parte dos caminantes.

·         Preto de 1,5 millóns de euros para o fomento do uso das novas tecnoloxías, destacando o plan de banda larga 2020, con case que medio millón de euros, facilitando un mellor acceso a internet no rural.

Vicepresidencia. Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza: 7.628.000,54 €

·         Destinados na súa práctica totalidade á mellora de infraestruturas xudiciais, de entidades locais e dos servizos de emerxencias.

Consellería de Facenda: 733.450.04 €

·         Máis de 700.000 euros para a mellora de servizos de atención ao cidadán. Destacan 304.000 euros para a mellora de sistemas de información de xestión tributaria.

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: 6.576.521,53 €

·         Preto de 1,5 millón de euros para obras do plan URBE.
·         Case que 1 millón de euros en axudas para redacción de planeamentos urbanísticos nos concellos, en aplicación da nova Lei do Solo de Galicia).
·         Actuacións na Rede Natura 2000 e espazos naturais con case que 1 millón de euros.

Consellería de Infraestruturas e Vivenda: 48.130.567,59 €

·         2,5 millóns para rehabilitación de viviendas.
·         Máis de 10 millóns de euros para a rede viaria, investimento fundamental para a conservación e mellora das comunicación nunha provincia con gran dispersión de poboación.
·         Máis de 3 millóns de euros para a conexión do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa A-52.
·         1,6 millóns para o plan de sendas peonís e ciclistas na comarca de Ourense.
·         365.000 euros para o proxecto da estación intermodal Ourense.
·         Posta en valor da ponte vella de Ourense con 150.000 euros.

Consellería de Economía, Emprego e Industria: 16.852.883,57 €

·         Con tres millóns máis que en 2016, o proxecto orzamentario deste departamento está dedicado principalmente a programas de desenvolvemento industrial e fomento do emprego.
·         Máis de 2,3 millóns para medidas de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de biomasa.
·         Mellora de infraestruturas en parques empresariais de titularidade municipal con máis de 1 millón.
·         Máis de 1,5 millóns para modernización, emprendemento e innovación do comercio e das pemes comerciais.
·         Máis dun millón de euros na comarca de Ourense, onde se concentran os principais núcleos industriais da provincia para internacionalización, microcréditos e proxectos piloto da industria 4.0
·         5700.000 euros para a mellora de infraestruturas no polígono industrial de As Coiñás, no barrio ourensán do Vinteún.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: 14.353.813,99 €

·         presuposto deste departamento céntrase en actuacións de mellora de centros educativos e promoción da actividade cultural, incluíndo 1 millón de euros máis que en 2016.
·         Preto de 3 millóns de euros están destinados ao Campus da Auga.
·         400.000 euros para a ampliación da Escola Oficial de Idiomas de Ourense (actuación enmarcada na estratexia de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras).
·         Máis de 1 millón de euros en axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.
·         Máis de 700.000 euros para a posta en marcha do Museo do Viño de Galicia (Ribadavia).
·         Máis de 330.000 euros para a implantación de novos ciclos formativos de FP.

Consellería de Sanidade:  12.107.070,66 €

·         Máis de 6,1 millóns de euros para o plan director do hospital de Ourense.
·         Máis de 800.000 euros para actuacións en centros de saúde da provincia, garantindo o compromiso de ofrecer a todos os ourensáns que teñan o seu carón un centro novo o reformado.
·         Máis de 3,2 millóns de euros para proxectos en tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no eido sanitario.

Consellería de Política Social: 3.130.686,81 €

·         Máis dun millón de euros para o CEIP de Mariñamansa, onde está prevista a creación dun centro de atención para persoas con diversidade funcional maiores de 21 anos.
·         No conxunto da provincia investiranse case que 900.000 euros en atención os nenos de 0 a 3 anos e nas casas niño.
·         A estratexia de inclusión social Galicia 2014-2020 acadará en Ourense máis de 350.000 euros.

Consellería de Medio Rural: 69.773.525,55 €

·         Recursos  para infraestruturas relacionadas co desenvolvemento e adaptación da agricultura e silvicultura con actuacións en 23 concellos con máis de 6 millóns de euros.
·         Máis dun 1,5 millóns de euros para o plan de regadío da comarca da Limia.
·         Preto de 14.000.000 millóns de euros para actuacións en prevención de incendios e recuperación dos montes afectados polos lumes deste verán, coa finalidade de recuperar o seu potencial forestal.
·         Axudas ás industrias agroalimentarias para investimento e comercialización dos seus productos con máis de 3,3 millóns.
·         Axudas para a primeira instalación de mozos no rural por valor de 2,6 millóns, dato especialmente relevante ao incrementarse nun 25 % respecto o ano anterior atendendo á demanda de axudas por parte de mozos que se queren instalar no rural.
·         Axudas a investimentos nas explotacións agrarias con 3,1 millóns.
·         Os apoios ao sector forestal suman máis de 6 millóns de euros.
·         Os proxectos do plan LEADER e os grupos de desenvolvemento rural suman axudas próximas aos 4,5 millóns.


Compre lembrar que a aposta polo rural inclúe tamén a estratexia de impostos cero neste eido, eliminando impostos para mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade no 87% do territorio galego, co obxectivo de fixar poboación no medio rural e dinamizar as zonas menos poboadas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta