lunes, 12 de diciembre de 2016

Ponferrada e Ourense cidades que queren mellorar as suas comunicacións en estreitar relacións económicas, sociais e culturais

Hoxe o alcalde Ourense recibiu a vista da alcaldesa de Ponferrada Gloría Fernández Merayo. 

E ademais do concelleiro de urbanismo Tulio García foi acompañada polo deputado nacional por León Eduardo Fernández. Tamén estiveron presentes os concelleiros de Infraestructuras, Comercio, Urbanismo y Seguridad Ciudadana de Ourense.
A cidade de Ponferrada atópase na confluencia dos ríos Sil e Boeza e é considerada como capital do Bierzo, é o centro administrativo da comarca. Situada na zona denominada tradicionalmente como o Bierzo Baixo, case no centro xeográfico do Bierzo. 

É a sexta cidade máis poboada de Castela e León, superando en número de habitantes a catro capitais de provincia e ao resto de municipios da Comunidade Autónoma. O último padrón era de 66.521 habitantes. 

O Bierzo é unha comarca administrativa composta de 38 municipios. Na división territorial de 1822 estableceuse a provincia do Bierzo formada polo Bierzo, a comarca de Valdeorras e Laciana; en 1833 aquela integrouse na provincia de Ourense e o Bierzo e Laciana incorporáronse a León. 

Os nexos culturais que existen entre O Bierzo e Galicia son evidentes: a metade oeste da comarca, pertence ao dominio lingüístico galego, Ademais compartimos tradicións e costumes como o entroido, o magosto.

Tamén os vínculos laborais e económicos con Galicia e especialmente coa comarca de Valdeorras son patentes.

Calcúlanse en preto de 3.000 galegos os que residen na Comarca do Bierzo.

Neste encontro entre alcaldes, falouse da posta en común de proxectos dentro do ámbito cultural, social, e no tecido empresarial, e houbo tempo para falar da proxectada autovía A-76 entre Ponferrada-Ourense, cunha lonxitude total de 125 quilómetros e que ten un orzamento de obras estimado de 1.110 millóns de euros.

O Estudo informativo desta actuación foi aprobado definitivamente en febreiro de 2014 tras obter Declaración de Impacto Ambiental favorable.

A prioridade desta autovía é a conexión entre Valdeorras e Ponferrada. En concreto os tramos:

. Villamartín da Abadía - Requejo (7,6 km; 35,26 M€), na provincia de León. Iniciouse a redacción a finais de 2014. Finalizou a súa redacción en 2016.

. A Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras (Este) (8,4 km; 26,35 M€), na provincia de Ourense. Iniciouse a redacción a finais de 2014. Finalizou a súa redacción en 2016.

Esperamos que en 2017 o Ministerio de Fomento someta a Información pública  estes dous tramos - que son os de maior IMD- no primeiro semestre de 2017, paso previo á súa licitación.

. Tramo Requejo-A Veiga de Cascallá (10,7 km; 223 M€), nas provincias de León e Ourense. Publicouse no BOE do 02-04-2016 a licitación do contrato de servizos para a redacción do proxecto.

Está pendente de adxudicar a redacción dese proxecto do tramo fronteirizo entre Castela-León e Galicia, o de maior complexidade.

Gloria Fernández Merayo, e Jesús Vázquez, consideraron  prioritaria a construcción desta autovía A-76 que mellorará a comunicación por estrada entre ambas cidades.  


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta