miércoles, 28 de diciembre de 2016

Sobre o novo aparcadoiro integrado na estación intermodal de Ourense

Onte a Xunta de Galicia daba conta de que tres empresas presentaron as súas ofertas para o servizo de redacción do proxecto básico e de execución do novo aparcadoiro para turismos integrado na estación intermodal de Ourense.
 Este contrato da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, cun importe de case 91.000 euros e cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dispón dun prazo de execución de 6 meses.
O proxecto deste aparcadoiro recolle a dotación dunhas 300 prazas, para o que será conveniente a execución das citadas instalacións en dous niveis.
O aparcadoiro supón unha actuación complementaria á construción dunha terminal de autobuses integrada na estación de ferrocarril na cidade de Ourense, en cuxo proxecto construtivo está a traballar o Goberno galego, tendo moi avanzado o proxecto básico.
A execución da intermodal de Ourense ten como obxectivo achegar a estación de autobuses a unha situación máis céntrica e facilitar o intercambio de viaxeiros entre modos de transporte. A estación de autobuses contará con 19 dársenas e un edificio terminal duns 430 m2, ademais, a superficie total chegará a 5.800 m2 e, tanto a terminal, como as dársenas se construirían ao nivel da rúa.

Celebro esta noticia do Goberno galego que acredita a aposta pola intermodalidade para fomentar o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e acadar unha mobilidade máis sustentable na Comunidade.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta