Coñecemos hoxe que a afiliación media á
Seguridade Social en España sitúase en 17.849.055 persoas en decembro, o maior rexistro
desde outubro de 2009.
O mes de decembro está influenciado pola
campaña de Nadal e a paréntese natural en actividades como a industria ou a
construción.
En decembro, a afiliación aumentou en 68.531 persoas (0,39%), alcanzando once CCAA máis Ceuta, especialmente Andalucía en plena campaña da oliva.
En decembro, a afiliación aumentou en 68.531 persoas (0,39%), alcanzando once CCAA máis Ceuta, especialmente Andalucía en plena campaña da oliva.
En termos desestacionalizados, a
ocupación avanza un mes máis (41.438) e acumula 36 en positivo.
O Réxime Xeral crece en 72.112 persoas
(0,50%), ata alcanzar os 14.591.908 ocupados. A
afiliación en decembro aumenta sobre todo en Comercio, Reparación de
Vehículos de Motor e Motocicletas, con 34.821 ocupados máis (1,51%). Séguenlle
Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, que suma 19.111 traballadores
(1,37%%); Actividades Artísticas e Recreativas e de Entretemento, 4.101
(1,79%); Transporte e Almacenamento que aumenta en 3.915 (0,61%) e
Administración Pública, Defensa; Seguridade Social Obrigatoria, 3.044 (0,30%).
En sentido contrario, destaca a Construción,
con -17.657. Así mesmo hai descensos en Hostalería, -13.850 ou Industria
Manufactureira, -8.566.
En canto ao Sistema Especial Agrario
experimenta un importante aumento de 49.300 afiliados (6,45%), o que garda
relación coa boa campaña da oliva en Xaén e Córdoba. Na actualidade conta con
813.972 afiliados medios.
Pola súa banda, o Sistema Especial do
Empregados do Fogar practicamente
mantense (-0,03%) e suma en conxunto 427.845 ocupados.
O Réxime de Autónomos engloba a 3.194.210
persoas, tras aumentar en 316 afiliados en decembro. O Réxime Especial do Mar
descende en 3.862 persoas (-6.03%), co sitúase en 60.220 coincidindo co fin de
varias campañas do litoral mediterráneo.
Finalmente, o Carbón descende en 36 afiliados (-1,30%).
Por Comunidades Autónomas, a afiliación
increméntase en once CCAA máis Ceuta:
Andalucía, con 52.139 ocupados
máis (1,82%); a Comunidad de Madrid, 16.015 afiliados (0,54%); a Comunidade
Valenciana, 5.550 (0,32%), Canarias, 5.210 (0,69 Cataluña, 4.689 (0,15%); País
Vasco, 3.039 (0,33%); Aragón, 2.319 (0,44%); Región de Murcia, 1.960 (0,37%);
Castila-A Mancha, 1.895 (0,29%); A Rioxa, 264 (0,22%); Asturias, 158 (0,04%) e
Ceuta, 76 (0,36%).
En sentido contrario, Baleares (-14.496),
Galicia (- 4.809), Castela-León (-2.374), Cantabria (-1.501), Navarra (-1.359),
Melilla (-218) e Estremadura (-25).
RESPECTO DE 2015
En termos interanuais, decembro conta con
540.655 afiliados medios máis, o 3,12%. É o maior aumento anual nun mes de
decembro, na última década.
En concreto, Réxime Xeral suma 512.733
traballadores, o 3,64%.
No Réxime Especial de Traballadores
Autónomos avanza en taxa anual o 0,83%, o que se traduce nun aumento de 26.211
persoas. O Réxime do Mar aumenta un 4,55% (2.621) e o Carbón descende en 910
persoas (-25,09%).
En relación ao ano pasado a ocupación crece en todos os
territorios autonómicos (incluídas as cidades autónomas de Ceuta e Melilla).
Destacan Cataluña, con 119.185 afiliados máis (3,88%); Comunidad de Madrid, con
94.753 (3,30%); Andalucía, con 77.687 (2,74%) e Comunidade Valenciana, con
61.191 (3,59%).
Galicia:
O
número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 963.735
ocupados, cifra que supuxo un descenso de 4.809 persoas afiliadas menos respecto
ao mes anterior (- 0,50 %).
En
términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un
incremento de 17.613 ocupados (1,86 %). Con respecto ás afiliacións, apuntou que seguen aumentando. Xa son 33 as subidas consecutivas, desde abril de 2014, nas que Galicia rexistra unha interanual positiva.
A
afiliación ao Réxime Xeral terminou 2016 con 726.858 afiliados medios, o Réxime
de Autónomos con 215.572 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con
21.305 afiliados medios.
Ourense:
O
número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 100.633
ocupados, cifra que supuxo un descenso de 287 persoas afiliadas respecto
ao mes anterior (- 0,28 %).
En
términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un
incremento de 1.274 ocupados, (1,28 %).
A
afiliación ao Réxime Xeral terminou 2016 con 75.212 afiliados medios e o Réxime
de Autónomos con 25.421 afiliados medios.
Recibirá resposta
Recibirá resposta