A campaña de Nadal “Ourense
con Luz Propia” chegou o xoves o seu fin, coa celebración da tradicional Cabalgata de
Reis que rematou por vez primeira, cun
innovador espectáculo de fogos artificiais nas marxes do río Miño a cargo da
pirotecnia ourensá Josman.
Coido que o Concello de Ourense pode
estar satisfeito e que está acadado o obxectivo de posicionar á cidade como a Capital Galega do
Nadal.
Todos puidemos constatar a completísima
axenda de máis de 200 actividades
para todos os públicos, que encheron o Nadal de ocio, diversión e
desfrute para toda a familia.
Destacar o
excelente alumeado das rúas, nas Burgas, na Praza Maior, na Capela de San Cosme, etc. O belén dos xardíns do Padre Feijóo, o Belén de Baltar e o VideoMapping na Praza Maior.
Houbo concertos de diversos estilos para nenos e maiores, animación musical de
rúas, en diversos barrios da cidade.
A cidade notou a afluencia de visitantes
foráneos, atraídos pola gran oferta desta campaña que tivo cosecuencias
positivas no comercio e na hostalería.
En definitiva, Ourense brillou con luz
propia neste Nadal, como o acredita este preciosa fotografía que publicaba Oscar Saánchez no seu Twiiier.
Parabens ao alcalde Jesús Vázquez, a concelleira Belén Iglesias e a todo o seu equipo.
Recibirá resposta
Parabens ao alcalde Jesús Vázquez, a concelleira Belén Iglesias e a todo o seu equipo.
Recibirá resposta