lunes, 9 de enero de 2017

De rebaixas en tren

A actividade comercial en España, está estes días presidida polas rebaixas, que polo que parece tamén chegaron ao sector do transporte ferroviario.

Hoxe mesmo Renfe anuncia que ofrece desde hoxe miles de prazas con rebaixas de ata o 70% para viaxar nos seus trens en xaneiro e febreiro. 

Unha oferta que é válida para viaxes ata o próximo 28 de febreiro e que se estende a unhas prazas limitadas nalgúns trens e días e ata esgotar existencias.

Informan que coa campaña "De rebaixas en tren" poden atoparse billetes en renfe.com con tarifa Promo con descontos do 50%, 60% e ata o 70% en traxectos con destino a Barcelona, Madrid, Zaragoza, Sevilla, Valencia, Alacante, Bilbao, Xixón, Valencia ou Córdoba, entre outras cidades.

Os prezos, dispoñibles desde hoxe e ata o 28 de febreiro, inclúen ofertas como Barcelona-Valencia desde 12,10 euros. Entre outros, pódense atopar rebaixas nalgúns traxectos Barcelona-Alacante, desde 15,60 euros; Madrid-Xixón, desde 16,65 euros; Valencia-Sevilla, a partir de 27,80 euros; Madrid-Pamplona, desde 17,65 euros; ou Zaragoza-Córdoba, desde 27,40.

Celebrar a política comercial de Renfe que se marcou  o obxectivo de incrementar o uso do ferrocarril a través dunha política tarifaria accesible para todos os cidadáns.

E en traballar cos mozos na potenciación da utilización dos servizos de alta velocidade, continuando na mellora da oferta comercial tanto con novas propostas de tarifa como coa mellora dos puntos de venda, servizos de atención ao cliente e implantación de novos traxectos.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta