martes, 10 de enero de 2017

Escoitando as demandas e inquedanzas do sector empresarial

Esta mañá, cinco deputados do Grupo Parlamentario Popular que integramos a Comisión de Fomento recibimos no Congreso dos Deputados a visita de integrantes de organizacións integradas nas Comisións de infraestructuras e urbanismo e de concesions e servizos  da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE).

Escoitamos entre outros temas, as súas formulacións sobre a necesidade dun ambicioso plan de investimento sostido en infraestruturas a 10 anos para afirmar a nosa competitividade e o benestar social respecto dos principais países europeos.

Sinalaron unha serie de sectores que necesitan importantes investimentos, como son os de auga, enerxía, sanidade, educación e xustiza, transporte e loxística, medioambiente, telecomunicacións e dixital, urbanismo e mantemento de infraestruturas.

Aspectos como a depuración de augas, o tratamento de residuos urbanos e industriais, a eficiencia e as interconexións enerxéticas, a mellora de equipamentos hospitalarios e educativos, a extensión das redes de telecomunicacións ou a deterioración das infraestruturas xa construídas.

 Unha interesante reunión para coñecer as demandas e inquedanzas do mundo empresarial. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta