martes, 3 de enero de 2017

Expresando a repulsa pola violencía de xénero

Asisto onte na Praza Maior de Ourense á concentración silenciosa convocada polo Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, que se celebra cada primeiro luns de mes, para concienciar a sociedade sobre a necesidade de acabar coa violencia de xénero.

Unha concienciación que é maioritaria no conxunto do Estado e que ten a súa expresión no acordo adoptado por asentimento o pasado 21 de decembro no Pleno do Congreso dos Deputados, relativo á creación, no seo da Comisión de Igualdade, dunha Subcomisión para un Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero.

A Subcomisión terá por obxecto elaborar, no prazo de catro meses, un informe no que se identificarán e analizarán os problemas que impiden avanzar na erradicación das diferentes formas de violencia de xénero, e que conterá un conxunto de propostas de actuación entre as que se incluirán especificamente as principais reformas que deberán acometerse para dar cumprimento efectivo a ese fin, así como ás recomendacións dos organismos internacionais, ONU e Convenio de Istambul.

Para a realización do mencionado estudo, a Subcomisión solicitará a información e documentación que precise das Administracións Públicas competentes; a  comparecencia de membros das Administracións Públicas ante a mesma, así como das autoridades e funcionarios públicos e a de todos os axentes do sector, asociacións e organizacións competentes na materia, que permitan á Subcomisión avaliar globalmente as posibles medidas a expor no informe final.

A Subcomisión estará integrada por tres representantes do Grupo Parlamentario Popular, dous do Grupo Parlamentario Socialista, dous do Grupo Parlamentario Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea e un representante de cada un dos restantes grupos parlamentarios.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta