Miri Barreira no recente Congreso do PP de G |
O desequilibrio da pirámide poboacional, fenómeno común
nos países da nosa contorna, é especialmente grave en España, onde dez
Comunidades Autónomas – entre elas Galicia - contan cun saldo vexetativo
negativo. Prognostícase unha perda de máis de medio millón de habitantes en
2031 e de máis de cinco millóns de habitantes en 2066.
A Conferencia de Presidentes, na súa reunión do 17 de
xaneiro de 2017, acordou impulsar medidas específicas respecto diso e
encomendou ao Goberno da Nación, coa colaboración das distintas Administracións
Públicas, a elaboración dunha Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico de
natureza global e transversal.
A través da norma hoxe aprobada créase a figura do
Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico, que se encargará de elaborar
e desenvolver dita Estratexia Nacional, a cal ha de recoller o conxunto de
propostas, medidas e actuacións necesarias para alcanzar o equilibrio da
pirámide poboacional. Á parte de elaborar a devandita Estratexia,
corresponderalle ao Comisionado impulsar e executar as medidas necesarias;
colaborar e canalizar as medidas que sexan adoptadas por outras Administracións
sobre esta materia; solicitar das Administracións a información que requira
para o exercicio das súas funcións, así como informar o Goberno do resultado
das súas actuacións, como funcións máis relevantes.
O cargo de Comisionado terá rango de subsecretario e
dependerá orgánicamente do Ministerio de Presidencia e para as Administracións
Territoriais, e funcionalmente dese Ministerio e do de Facenda e Función
Pública.
No seu seo constituiranse diversos grupos de traballo onde estarán representados os departamentos e as Administracións e entidades afectadas por esta materia. A creación deste órgano non supoñerá incremento do gasto público.
No seu seo constituiranse diversos grupos de traballo onde estarán representados os departamentos e as Administracións e entidades afectadas por esta materia. A creación deste órgano non supoñerá incremento do gasto público.
Miri Barreira, naceu en 1978 en Verín é licenciada en
Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de
Compostela.
Taraballou na Dirección Xeral de Administración Local da
Consellería de Xustiza e Interior da Xunta de Galicia e na Secretaría de
Política Social do Partido Popular.
Na IX Lexislatura foi directora adxunta da Asesoría do
Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados.
En decembro de 2011 foi nomeada directora adxunta do
Gabinete da Vicepresidenta do Goberno. Durante a XI e XII Lexislaturas foi
senadora pola provincia de Ourense. Actualmente era a portavoz adxunta do Grupo
Parlamentario Popular e membro da Deputación Permanente do Senado.
As miñas felicitacións máis efusivas a Miri Barreira, compañeira do PP de Ourense, persoa de enorme valía e capacidade de traballo, e por suposto boa coñecedora da problemática demografíca que é o principal problema da nosa provincia.
Estou seguro de que terá éxito á fronte de tan importante responsabilidade.
Recibirá resposta
Estou seguro de que terá éxito á fronte de tan importante responsabilidade.
Recibirá resposta