Celebrar efusivamente que
hoxe o Consello da Xunta de Galicia dera
luz verde á creación da Escola de
Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, co que se dá un paso máis na potenciación do
Campus de Ourense, sendo a sede de impartición do grao en Enxeñaría
Aeroespacial, da Universidade de Vigo.
Informa a Xunta que a creación deste centro
responde á especificidade da propia titulación, que demanda contar cun espazo
propio e propiamente equipado no referido a recursos humanos, instalacións e
materiais. Con todo, a Universidade estimou que durante o presente curso e o
vindeiro a titulación pode impartirse nas instalacións actuais da Facultade de
Ciencias no devandito campus.
Ademais, conta con
instalacións que permiten cubrir a docencia de materias concretas do terceiro e
cuarto curso do grao.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o grao en Enxeñaría
Aeroespacial, que conta neste primeiro curso de impartición con 50
matriculados, pretende achegar esta industria ao alumnado galego. Deste xeito,
o alumno con esta vocación poderá formarse en Galicia e a industria galega terá
na universidade un socio tecnolóxico e un centro de referencia no que apoiarse
para manter o crecemento do sector.
Neste sentido, cómpre lembrar que ata hai
poucos anos as titulacións de enxeñeiro aeronáutico e enxeñeiro técnico
aeronáutico só se impartían na Universidade Politécnica de Madrid, que o
imparte dende o ano 1928. Actualmente, impártense na Universidade de Sevilla,
na Politécnica de Cataluña, na Universidade Carlos III, na Rey Juan Carlos, na
Universidade Autónoma de Madrid, na Alfonso X El Sabio, na Universidade Europea
de Madrid, e nas universidades de Valencia e de León.
Ademais da alta inserción
laboral dos egresados neste eido (segundo o estudo realizado entre 2000 e 2005
polo Libro branco da enxeñaría aeronáutica o 70% dos titulados traballan con
contrato indefinido), a implantación desta titulación apoiouse na necesidade da
industria galega de contar con titulados formados na disciplina aeronáutica,
así como na exitosa liña de investigación aeroespacial desenvolvida por investigadores
da Universidade de Vigo.
Ademais, poden influír no
desenvolvemento deste campo a creación do Centro de Investigación de Drons no
aeródromo de Rozas en Lugo, e a previsión de creación da incubadora de negocios
SBAI polo Consorcio Zona Franca de Vigo.
Recibirá resposta