jueves, 26 de enero de 2017

A Vertebración Ferroviaria na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal

Participo hoxe en Vigo no Foro Vertebración Ferroviaria na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, que contou con outros relatores como António Marques, Presidente de AIMinho (Asocación de empresarios industriais de Viana do Castelo), Miguel Rodríguez Bugarín, Catedrático da ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña; Ignacio Mestre, Subdirector Xeral de planificación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá Xunta de Galicia  o Presidente da CEP, Jorge Cebreiros, o vicepresidente do Eixo Atlántico e Presidente da Federación Galega de Municipios, FEGAM, Alfredo García ou o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao.

Estivo tamén o Secretario de Estado das Infraestruturas de Portugal, Guilherme D´Oliveira, xunto co Secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, do Ministerio de Fomento, Xullo Gómez-Pomar e o Coordinador da Rede Transeuropea de Transportes, Carlo de Grandis. Ao foro, organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra, CEP e o Eixo Atlántico, asistiron, empresarios, alcaldes, políticos e representantes dos sindicatos, tanto de Galicia, como do Norte de Portugal.

Comecei a miña intervención destacando que España creceu en 2016 de maneira máis sólida, equilibrada e sustentable que no pasado grazas ás reformas emprendidas e aos Orzamentos aprobados. E que preservar esa recuperación económica será prioritario nos próximos meses. 

Aludín a que o compromiso do Executivo é reducir o déficit público ata o 3,1% en 2017 e situalo por baixo do 3% en 2018. Pero con dous retos fundamentais. O primeiro é o mantemento do sistema de protección social e o segundo é o reto demográfico. 

Dixen que España encara 2017 cunha economía que se está recuperando con forza, crea emprego e é competitiva, e cun ambiente político moito máis sosegado e dialogante. 

Reflexionei sobre que os Orzamentos Xerais do Estado para 2017 serán esixentes xa que este exercicio será o máis difícil da lexislatura en materia de redución de déficit, posto que se terá que acometer un axuste de 16.000 millóns de euros. Este escenario terá a súa incidencia nos investimentos públicos.

Expuxen logo, as liñas xerais da política do Ministerio de Fomento para a actual lexislatura. E citei que aposta máis importante, á vez que en certa forma arriscada, é alcanzar un Acordo polas infraestruturas e o transporte. 

Na segunda parte da miña intervención sinalei como primeira prioridade ferroviaria para a vertebración da Eurorrexión a axilización de todas as obras para que Galicia poida estar conectada por alta velocidade co resto de España no menor prazo posible. Concentrando os recursos principais nos tramos en obras entre Zamora e Taboadela e licitar as obras do tramo entre esta localidade e Ourense. 

Tamén falei do saída sur de Vigo. Dixen que  o Eixo Atlántico proxectado polo Goberno é unha liña de Velocidade Alta que arrinca en Ferrol, une A Coruña con Vigo e continúa ata a fronteira con Portugal. 

Lembrei como desde 2005 o goberno luso viño por razóns económicas adiando investimentos previstos por Portugal para unir, en Velocidade Alta, Porto coa fronteira en Valença-Tui, o que levou carrexaron a paralización de tramitacións e eventuais licitacións deste tramo do Eixo Atlántico.

Puxen en valor o que o 2 de xullo de 2013 entrase en funcionamento o primeiro servizo ferroviario internacional directo e diario entre Porto e Vigo ( Tren Celta con catro circulacións diarias, dúas por sentido). Nun  tempo de dúas  horas vinte minutos moi inferior ás tres horas e cuarto anteriores.

Celebrei que o 19 de outubro de 2016 o ministro de Planeamento e dás Infraestruturas de Portugal asinase as primeiras obras na mellora e electrificación da liña do Miño, entre Viana do Castelo e Valença do Minho que rpvé rematarse en 2019.


Reiterei o compromiso de seguir traballando na mellora da conectividade ferroviaria de Galicia como nos últimos anos co Goberno portugués para coordinar a implantación e a alta velocidade na liña , lembrando que o Ministerio de Fomento xa anunciou que se axustará ao calendario de Portugal na mellora do Eixo ferroviario Vigo- Porto.

D'Oliveira anunciou que a próxima semana licitaranse os novos concursos para a mellora da liña ferroviaria entre Porto e Valença do Minho, a coñecida como Liña do Miño.

Coa adxudicación destas obras, no tramo entre Viana do Castelo e Valença do Minho, "a modernización e electrificación da totalidade da liña férrea entre Porto e Valença do Minho entrará en funcionamento en 2019", concluíu o Secretario de Estado portugués.

As obras supoñen, tanto a modernización da infraestrutura, como a electrificación da liña, unha actuación que no seu conxunto afecta a 93 km e que supoñerá un investimento total de 83 millóns de euros, dentro do Plan Portugal 2020 para as infraestruturas ferroviarias de Portugal que actuará sobre un total de 1193 km de vías férreas por todo o país.

Para Guilherme D´Oliveria estas melloras obedecen á necesidade dun aumento da capacidade dos trens, a unha mellora da seguridade e á redución de custo das infraestruturas ferroviarias, así como a un incremento significativo da competitividade do tren.

O Secretario de Estado portugués afirmou que "a liña férrea entre Porto e Vigo non debe acabar en Valença". Por iso, anunciou que levará ao próximo Cume Ibérico entre España e Portugal unha calendarización da electrificación e melloras do tren no seu país que coordinará cos seus homólogos españois nas conexións internacionais por ferrocarril entre ambos os países.

Pola súa banda, o Secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento español, Julio Gómez-Pomar, lembrou as melloras no transporte ferroviario entre Galicia e Madrid, e o seu notable incremento de Viaxeiros en 2016 que cifrou nun 18% respecto de 2015 e no Eixo Atlántico entre Coruña e Vigo que utilizaron xa máis de 5 millóns de viaxeiros.

Con respecto á Conexión Vigo-Porto, o Secretario de Estado destacou o incremento de viaxeiros entre 2013 e 2016, que situou no 154%, un 6% en 2016 sobre 2015 e que supuxo que o pasado ano 236.000 viaxeiros utilizasen o Tren Celta. Ademais, engadiu que se están coordinando coa administración portuguesa para acabar a parte española entre Guillarei e Tui, e aínda que recoñeceu problemas para unificar as voltaxes utilizadas na liñas (25.000 voltios na liña portuguesa e 3.000 na española), "son temas técnicos que se poden superar".

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta