domingo, 12 de febrero de 2017

Clausurado o XVIII Congreso do Partido Popular

Asisto hoxe a Clausura do XVIII Congreso Nacional que comezou coa intervención da secretaria xeral, María Dores de Cospedal,  na que  entre outras frases dixo:

"O noso gran obxectivo é recuperar aos nosos votantes perdidos e recuperar a unidade do centro dereita. Somos o primeiro partido político de España e temos que liderar as políticas da razón".

Logo foi a quenda da intervención do presidente Mariano Rajoy.

O presidente tivo un recordo para Manuel Fraga, "o noso presidente de honra e un home crave para a democracia de España". Tamén agradeceu a José María Aznar os seus anos como presidente.

Durante o seu discurso tamén lembrou ás vítimas do terrorismo: "As vítimas do terrorismo son a medida da grandeza do noso partido".

Ao longo da súa intervención puxo de manifesto que "o PP é o único partido que pon a España por diante dos nosos intereses cando ten a mínima oportunidade".

"Estes meses demostramos a nosa disposición para chegar acordos, e non nos vai a faltar vontade de diálogo".

"Imos buscar maiorías parlamentarias, espero que se impoña a sensatez. O noso país necesita estabilidade e certidumbre.

"Os resultados electorais equivalen a un mandato para o diálogo e para o entendemento. Está claro que, se España ten que  funcionar, as obrigacións deste mandato non se dirixen só ao partido de Goberno, senón a todos. Todos estamos chamados a influír nas políticas que han de traer máis prosperidade e máis benestar aos españois. 

O Goberno está obrigado a dialogar no mesmo grao en que os demais. Nin máis, nin menos. Iso é o que esixe o sentido común e o interese xeral. España é responsabilidade de todos e o diálogo esixe interlocutores. Cambiaron as circunstancias e todos debemos conducirnos consecuentemente.

"Nós estamos obrigados a gobernar doutra maneira. Toca adaptarse á situación, analizar que acordos son posibles e actuar de maneira que se poidan levar a bo termo. 

Pero tamén a oposición debe adaptarse ás novas circunstancias e aprender a traballar fronte a un Goberno en minoría. Supoño que o farán, porque foron os primeiros en repudiar as maiorías absolutas. Agora teñen unha oportunidade de ouro para demostrar que non son necesarias"

Mariano Rajoy unhas palabras sobre a situación en Cataluña: "Ninguén pode privar a ningún español do dereito para decidir sobre o seu futuro"

Finalizou a súa intervención afirmando: "A nosa posición é un rotundo sí para resolver os problemas reais dos cataláns e o conxunto dos españois.

Non imos tratar nin a comerciar sobre un proceso que pasa por encima da Constitución, que conduce á fractura de España e á liquidación da soberanía nacional. Ninguén nos pode pedir que sexamos cómplices desa arbitrariedade. E non o imos a facer"

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta