Unha faceta pouco coñecida da actividade parlamentaria é o contacto frecuente con persoas, colectivos, asociacións. rrganizacións, etc. co obxectivo de coñecer os seus problemas e aspiracións e así poder acertar na actividade lexislativa e de impulso e control que nos compete.
Nese marcio, hoxe recibimos tres dos deputados do GPP que estamos na Comisión de Fomento a visita do presidente do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) D. Jordi Ludevid i Anglada que veu acompañado do Decano do Colexio de Murcia, Rafael Pardo.
Creado por Decreto do 13 de xuño de 1931, o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España é o organismo que reúne a todos os Colexios para a consecución dos fins de interese común xeneral. Así mesmo, é o órgano de representación dos Colexios e da profesión ante as corporacións públicas e privadas, e ante os organismos internacionais, e última instancia de recurso en vía corporativa (aplicación da Deontoloxía profesional).
Nesta reunión abordamos diferentes cuestións, entre outras as emendas ao proxecto de Lei de Contratos do Sector Público que o CSCAE presentou ante os Grupos Parlamentario, e as súas formulacións sobre un futuro proxecto de Lei de Arquitectura e habitabilidade.
Sen dubida foi unha interesante reunión na que coñecemos de primeira man, mensaxes importantes deste sector. É un feito que o prestixio da formación académica do arquitecto español xunto coa súa versatilidade e capacidade creativa fan que os nosos arquitectos sexan extraordinariamente competitivos nos mercados internacionais.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta