O pasado día 26 de xaneiro daba conta neste blog de que no Foro organizado pola CEP, o Secretario de Estado de infraestruturas de Portugal. D'Oliveira anunciaba que a próxima semana licitaranse os novos concursos para a mellora da liña ferroviaria entre Porto e Valença do Minho, a coñecida como Liña do Miño.
Pois ben, informa “Infraestruturas de Portugal” que contratou o 30 de xaneiro, a obra de Eletrificación do treito Nine - Viana do Castelo, na Liña do Miño, que representa un investimento de 16 millóns de euros.
Pois ben, informa “Infraestruturas de Portugal” que contratou o 30 de xaneiro, a obra de Eletrificación do treito Nine - Viana do Castelo, na Liña do Miño, que representa un investimento de 16 millóns de euros.
Nunha cerimonia que
decorreu, a bordo da automotora AllanVip e que foi presidida polo Ministro da
Planificación e das Infraestruturas, Pedro Marques, foi asinado o auto de
consignación deste contrato, un acto que marca o arranque dos traballos no
terreo.
Esta adxudicación ten
un prazo de execución de 540 días e comprende, a Eletrificación de todo o
treito entre Nine e Viana do Castelo, nunha extensión total de 44 quilómetros:
- O alteamento e
prolongamento das plataformas de pasaxeiros; A execución de traballos
de estabilización de taludes, traballos de terraplenaxe, drenaxe e estruturas
de soporte e contención; A execución dunha
Estación técnica en Midões e a ampliación da Estación de Barroselas;A realización de
intervencións de impermeabilização dos túneles de S. Miguel da Carreira, de
Tamel e de Santa Lucrécia.
Esta é unha liña de
vía única non eletrificada, que rexistra un elevado fluxo de circulación,
inserida en ambiente predominantemente rural mais tamén con zonas de
características urbanas con gran densidade poboacional, nomeadamente na
proximidade de estacións e apeadeiros.
A obra insérese no
ámbito do proxecto para a modernización da Liña do Miño, que tamén contempla a
Eletrificación entre Nine e Valença (Fronteira).
A Liña do Miño
integra o corredor Eixo Atlántico e a concreción do proxecto de modernización
revístese de extrema importancia na conexión da rede ferroviaria nacional a
España, nomeadamente na conexión a Vigo, aumentando a capacidade exportadora de
mercadorías do país.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta