Fixei a posición do GPP e para dar conta da mesma redactei a nota que transcribo a continuación:
"O deputado popular Celso Delgado lamentou hoxe que o grupo confederal En Marea, En Común-Podemos rompese o consenso alcanzado no Parlamento de Galicia ao redor de tramitar unha nova Proposición de Lei Orgánica (PLO) para a petición da transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia e en lugar de apostar por unha postura conxunta neste tema presentase unha PNL partidaria, desfasada e demagóxica.
Delgado criticou que esta mesma PNL, que non prosperou na Comisión de Fomento o pasado 30 de novembro, siga reclamando que sexa admitida a PLO da transferencia da AP-9 á Xunta de Galicia publicada no Boletín Oficial das Cortes Xerais o 9 de setembro de 2016, cando hai outra posterior, publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do 18 de xaneiro de 2017, que é un texto acordado no que se elimina a Disposición Adicional 3ª da PLO que se remitiu ao Congreso dos Deputados que motivaba de maneira principal o informe negativo por parte dos servizos xurídicos da Administración central.
Neste novo texto elimínase o prazo máximo de seis meses para o traspaso efectivo da AP-9 e incorpórase a referencia a que este traspaso non supoñerá incremento algún dos créditos nin diminución dos ingresos previstos na Lei de Orzamentos Xerais do Estado en vigor.
Con todo, a PNL que hoxe defendíó En Marea, obvia este novo texto en trámite no Parlamento de Galicia e segue apostando polo texto anterior, que está superado e que xera conflito.
Ademais, Celso Delgado fixo mención a outra serie de feitos novos que se produciron con posterioridade ao 30 de novembro de 2016 e cunha incidencia positiva neste tema.
Así lembrou o deputado popular que o 5 de decembro de 2016 reuniuse en Santiago de Compostela o presidente da Xunta e o novo ministro de fomento e acordaron crear unha Comisión bilateral Goberno Central- Comunidade Autónoma para compartir todas as decisións de xestión da AP-9. Ademais confirmouse que os accesos á Cidade da Cultura estarían nos orzamentos de 2017 e que as bonificacións das peaxes na Barcala e na Ponte de Rande serán financiadas integramente pola Administración central.
Con esta decisión, evitarase ter que financiar con fondos da Xunta de Galicia estas peaxes que pasarán a ser asumidos, 100%, polo Ministerio de Fomento, o que permitirá que 180 M€ non teñan que ser pagados polos galegos, como estaba previsto nun convenio asinado polo Goberno bipartito, polo Goberno do PSOE e do BNG.
Aludiu Delgado na súa intervención a que o Ministerio de Fomento aprobou o 31 de xaneiro de 2017 o proxecto de construción da nova ligazón no p.k. 70+000 da autoestrada do Atlántico, AP-9. ligazón de conexión coa complexo Cidade da Cultura e coa cidade de Santiago de Compostela.
E lembrou como hai moi poucos días, o 31 de xaneiro de 2017, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entrevistouse en Madrid co ministro Íñigo de la Serna e ambos - sobre a xestión da autoestrada do Atlántico - valoraron que Galicia pase a ter voz nas decisións sobre a AP-9 a través dunha comisión bilateral Goberno Central-Comunidade Autónoma. Esta comisión, cuxa primeira reunión celebrarase neste mesmo mes de febreiro, servirá para abordar conxuntamente os proxectos de obras que se están facendo na actualidade, así como as que se poden facer no futuro.
Delgado concluíu afirmando sobre a AP-9 que avanzamos máis que nunca, porque por primeira vez o Goberno de España acepta unha comisión bilateral Goberno Central- Comunidade Autónoma para compartir todas as decisións de xestión da autoestrada
Por todo o anterior, o deputado popular defendeu no debate de hoxe esta emenda: "O Congreso insta o Goberno, a que no mes de febreiro de 2017 celébrese a primeira reunión da comisión bilateral integrada polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia, na que se compartan as decisións de xestión da Autoestrada da Atlántico AP-9 e abórdense os proxectos de obras que se están realizando na actualidade, así como as que se poidan facer no futuro."
O deputado popular considera que esta senda de diálogo frutífero entre ambos os gobernos é a que debe seguirse neste momento e pediu a En Marea, En Común-Podemos , que deixen de producir debates estériles e partidarios que só conducen á frustración.
Finalmente, Delgado puxo en valor as obras de ampliación de capacidade da AP-9:
Tramo: Ligazón de Cangas -Ligazón de Teis, que inclúe a ponte de Rande que a xaneiro de 2017 teñen un grao de execución dun 49%.
Tramo: Santiago Norte Santiago Sur, cuxo grao de execución, a xaneiro de 2017, é dun 66%.
Remodelación da ligazón de Sigüeiro (PK55), que a xaneiro de 2017 ten un grao de execución dun 86 %.
Delgado lembrou que nos 22 anos que gobernou o PSOE non levou a cabo esta transferencia, e que en 2007, cando o PSOE e o BNG gobernaban en Galicia en coalición foron os nacionalistas - hoxe algúns deles integrados en En Marea - quen se opuxo a unha iniciativa do PP pedindo o traspaso desta autoestrada á Comunidade Autónoma.
Non é o momento de botarnos nada en cara uns a outros, senón de traballar xuntos por conseguir mellorar unha das infraestruturas máis importantes da nosa comunidade e iso non se logra presentado iniciativas partidarias como esta en lugar de esperar a que se tramite a nova Proposición de Lei do Parlamento de Galicia, sentenciou o deputado popular".
Se quere ver á miña intervención no debate pode premer esta ligazón:
Non é o momento de botarnos nada en cara uns a outros, senón de traballar xuntos por conseguir mellorar unha das infraestruturas máis importantes da nosa comunidade e iso non se logra presentado iniciativas partidarias como esta en lugar de esperar a que se tramite a nova Proposición de Lei do Parlamento de Galicia, sentenciou o deputado popular".
Se quere ver á miña intervención no debate pode premer esta ligazón:
Desde o minuto 2:52:25
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta