viernes, 24 de febrero de 2017

O Goberno flexibiliza ao máximo a favor dos traballadores o texto do Real Decreto Lei da estiba, ata o límite do que permite a UE

Hoxe o Consello de Ministros aprobou un Real Decreto Lei polo que se modifica o réxime dos traballadores para a prestación do servizo portuario de manipulación de mercadorías, dando cumprimento á Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 11 de decembro de 2014, recaída no asunto C-576/13 (procedemento de infracción 2009/4052).

Esa sentenza condenou ao Reino de España ao entender que o réxime da estiba era contrario ao artigo 49 do Tratado de Funcionamento da UE sobre liberdade de establecemento.

O principal obxectivo do Real Decreto Lei é eliminar as restricións á liberdade de establecemento das empresas neste sector. 

Os principios que inspiran esta proposta son:

-Liberdade de empresa:  non será necesario que as empresas estibadoras participen no capital de SAGEP.

-Liberdade de contratación: as empresas poderán contratar libremente os traballadores que cumpran con algún dos requisitos de capacitación establecidos.

A proposta establece a MÁXIMA FLEXIBILIZACIÓN para manter os dereitos dos traballadores e a igualdade competitiva das empresas.

-Establécese un período transitorio de adaptación de 3 anos que permitirá aos traballadores e ás empresas actuais a daptarse ao novo marco legal.

-Garante a estabilidade e continuidade dos actuais traballadores das SAGEP, que en ningún caso verán prexudicados os seus dereitos: facilita que conserven os seus dereitos laborais preexistentes (pasivos laborais) no novo escenario de liberdade competitiva.

Reforza as esixencias de profesionalidade e capacitación dos traballadores en igualdade de condicións de acceso, garantindo a calidade e a seguridade.

-Garante o cumprimento da lexislación en materia de igualdade de xénero.

-Garante a liberdade de xestión de persoal:

            Contratación laboral directa pola empresa estibadora
            Cesión temporal polos Centros Portuarios de Emprego
            Cesión temporal por Empresas de Traballo Temporal

Non serán esixibles os requisitos de titulación aos traballadores que:

-Acrediten máis de 100 xornadas de traballo no servizo portuario de manipulación de mercadorías en calquera estado membro da UE

-O persoal de buque que realice a bordo estas actividades.

Na rolda de prensa posterior ao Consello ministros, o titular de Fomento, Íñigo de la Serna, informou que os sindicatos e a patronal dispoñen agora dun ano para alcanzar acordos sobre o seu novo réxime laboral no marco da negociación colectiva. 

De la Serna fixo un chamamento a que as partes «intensifiquen as reunións para alcanzar» un pacto. «Se hai vontade das partes vai poder alcanzar un acordo», indicou e lembrou, a continuación, que o Executivo lles vai a apoiar no diálogo. 

Nestas negociacións poden abordarse aspectos que non entra a valorar a nova regulación, tales como as condicións laborais ou o mantemento dos postos de traballo, sempre que respecten os termos da reformada lei de portos.

Este Real Decreto para a reconversión do sector da estiba, virá ao Congreso dos Deputados para o seu convalidación no prazo dun mes e é aquí onde todos os grupos parlamentarios deben actuar con responsabilidade para cumprir cunha sentenza da UE que nos obriga.




http://www.lamoncloa.gob.es/consejodeministros/referencias/documents/2017/refc20170224e_2.pdf

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta