miércoles, 15 de febrero de 2017

Mariano Rajoy resposta en Pleno sobre Trump, Cataluña e Garoña

Hoxe celebramos a habitual sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados, na que respondeu a preguntas o presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

O deputado Antonio Hernando, en nome do Grupo Socialista, interesouse pola conversación telefónica que hai uns días mantivo o presidente do Goberno co presidente de Estados Unidos Unidos, Donald Trump. Na súa resposta, Mariano Rajoy apuntou que falaron, entre outras cousas, da economía española, do Brexit e do futuro da Unión Europea.

O xefe do Executivo tamén dixo que, durante a conversación, indicoulle ao novo presidente de Estados Unidos que as relacións entre os dous países "eran boas e que deberían seguir séndoo no futuro" porque, ademais de compartir valores, "somos socios estratéxicos, amigos e aliados".

Tamén explicou que falaron "en concreto da relación de investimentos e das relacións comerciais" e de "a necesidade de seguir cooperando en materia de seguridade, defensa e loita contra o terrorismo".

Rajoy asegurou que desexa manter con Donald Trump "exactamente as mesmas relacións" que mantivo co seu antecesor, Barack Obama porque, engadiu, a súa obrigación como presidente do Goberno é levar ben con todos os países, "sobre todo cos que son amigos e aliados".

Neste sentido, o xefe do Executivo mostrouse "absolutamente convencido" de que o PSOE actuaría igual: "Esa é a posición que vostedes sostiveron sempre que estiveron no Goberno e, como lle dicía ao principio, estou convencido de que volverán facer no futuro".

En representación de ERC, interveu o deputado Gabriel Rufián, quen preguntou pola situación en Cataluña. Durante a súa contestación, o presidente do Goberno aclarou que unha cousa é o debate político e outra, "moi distinta", o cumprimento da lei, algo "que nos obriga a todos". É dicir, "cando alguén, sexa quen sexa", actúa fóra da lei, "intervén a xustiza".

Rajoy apuntou que "iso non é nada exótico", senón que ocorre en todos os países democráticos do mundo: "Mellor que ocorra así porque se ao final temos que distinguir entre persoas que non están suxeitas á lei e persoas que están suxeitas á lei, acabaremos tendo un problema moi serio".

O presidente do Goberno tamén subliñou que en España "hai liberdade de pensamento" e que "non se persegue a ninguén polas súas ideas". Pero, puntualizou, o que non hai "é impunidade": "Cando alguén se salta a lei, intervén a xustiza. Iso é o ABC da democracia. Iso é o que se fai en todos os países da nosa contorna".

Aitor Esteban, do Grupo Vasco, preguntou ao presidente do Goberno polo futuro de Garoña. Tras lembrar que o Executivo esixe "as máximas condicións de seguridade" para todas as centrais nucleares, Rajoy sinalou que o Consello de Seguridade Nuclear impón, no seu informe sobre a central burgalesa, dúas condicións: a execución de determinados investimentos e a realización dunha revisión periódica de seguridade.

Ademais, o presidente Rajoy dixo que o Executivo aínda non tomou unha decisión sobre Garoña e que ten seis meses para facelo: "Tentaremos tomar a mellor decisión en defensa dos intereses xerais".

En calquera caso, anunciou que o Goberno, antes de decidir a reapertura ou non de Garoña, "dará trámite de audiencia", é dicir, escoitará "a todas aquelas institucións ou grupos sociais que manifestaron o seu interese en dar opinión sobre este asunto". Según dixo, esa é a postura "máis prudente", "máis razoable" e "máis sensata". 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta