Hoxe coñecemos o informe de proxeccións de inverno 2017, subtituado "navegando por augas turbulentas" , que elabora a Comisión Europea, que prevé que todas as economías da Unión crezan en 2017 e 2018 por primeira vez en preto dunha década, aínda que alerta da alta incerteza das súas previsións, que vincula ao novo Goberno estadounidense, ás próximas eleccións en distintos países europeos e ao Brexit.
Bruxelas revisa lixeiramente á alza o avance do PIB na eurozona para este ano e o seguinte fronte ás previsións de outono (1,6% en 2017 e 1,8% en 2018, ante o 1,5 e 1,7%, respectivamente), mentres que para a UE prognostica un aumento do 1,8% nos dous anos (fronte ao 1,6% e 1,8%).
Pierre Moscovici, comisario de Asuntos Económicos e Financeiros, Fiscalidade e Aduanas, afirmou: «A economía europea mostrouse resiliente fronte ás numerosas sacudidas recibidas o pasado ano. O crecemento consegue manterse e as taxas de desemprego e de déficit apuntan á baixa. Con todo, os altos niveis de incerteza esíxennos, máis que nunca, utilizar todos os resortes de que dispoñemos para sustentar o crecemento. Habemos de velar, ante todo, por que a recuperación se deixe sentir en todos os recunchos da zona do euro e en todos os segmentos da sociedade.»
A CE prevé un aumento da inflación na zona euro, que pasaría do 0,2% en 2016 ao 1,7% en 2017 e o 1,4% en 2018. Na UE, espérase que a inflación creza do 0,3% en 2016 ao 1,8% en 2017 e o 1,7% en 2018.
Prevese que o consumo privado seguirá sendo o motor principal de crecemento, apontoado polas constantes melloras no emprego e o incremento dos salarios nominais. Con todo, a limitación do poder adquisitivo dos fogares imposta polo aumento da inflación retardará o crecemento do consumo privado.
As previsións indican que o investimento seguirá crecendo, aínda que só de forma moderada, sostida por unha serie de factores tales como os escasos custos de financiamento e a recuperación da actividade mundial.

Ademais, segundo o Executivo comunitario, a mellora do emprego axudará a diminuír o paro, para o que se prevé unha caída da taxa na eurozona do 10,0% en 2016 ao 9,6% este ano e ao 9,1% en 2018.
En toda a UE, espérase que o paro caia do 8,5% en 2016 ao 8,1% en 2017 e ao 7,8% en 2018, o que supón os niveis máis baixos desde 2009, a pesar de manterse por encima dos niveis previos á crise.
Por último, Bruxelas espera que o déficit público na eurozona baixe do 1,7% do PIB o pasado ano ao 1,4% en 2017 e 2018.
http://europa.eu/rapid/press-release_IP-17-251_es.htm
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es