Asisto onte en Expourense ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico "Xantar" que alcanzou a maioría de idade presentando a súa edición máis internacional e ofrecéndolle ao visitante 200 actividades para "vivir a experiencia Xantar" desde unha perspectiva saudable e sustentable. Expourense é estes días o epicentro da enogastronomía e o turismo reunindo a 232 expositores (un 10% máis que na edición anterior) procedentes de 11 países (España, Portugal, Panamá, Costa Rica, México, Ecuador, Paraguai, Francia, Perú, Cuba e Arxentina).
O acto central estivo dedicado á provincia da Coruña, aos concellos de Viveiro e A Veiga, ás cámaras municipais portuguesas de Esposende e Felgueiras e á Fundación Amigos de Galicia.
Durante este acto central foron entregados os Premios Especiais de Xantar que naceron en 2014 para celebrar a concesión do Selo de Feira Comercial Internacional do Ministerio de Ecoomía e Competitividade do Goberno de España. Mantivéronse desde entón e serven para recoñecer a aqueles expositores que presentan plusvalías á súa participación na feira ofrecendo sempre algo máis ou algo diferente aos visitantes. Os premiados desta edición foron:
-Premio ó Mellor Restaurante: Concello de Maceda
-Premio o Mellor Stand de Alimentación: Consello Galego de Cooperativas
-Premio á Mellor Acción Promocional en materia de turismo. Nesta categoría entregáronse dous recoñecementos. O primeiro deles foi para a Entidade de Turismo Porto e Norte por facilitar a participación en Xantar dunha vintena de cámaras municipais desta rexión. O segundo para a Autoridade de Turismo de Panamá pola promoción internacional que realizaron da súa participación nesta cita.
-Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición: Consellería do Mar.
Hoxe será a xornada de clausura desta edición na que 232 expositores de 11 países presentaron as últimas novidades en produtos autóctonos, de calidade, certificados e ecolóxicos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta