Saliento neste primeiro día do mes de febrero,
os resultados da reunión que onte mantiveron en Madrid o presidente da Xunta,
Alberto Núñez Feijóo co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.
A principal nova foi a da nova data de
chegada do AVE a Galicia; o ministro sinalou que os trens en probas
circularán a partir do terceiro trimestre de 2019, o que supón un retraso de nove meses sobre
o prazo anteriormente comprometido de decembro de 2018.
De la Serna cualificou o AVE a Galicia
como un asunto “absolutamente prioritario” para o Goberno e asumiu o compromiso
persoal de viaxar cada tres meses a
Galicia para facer un seguimento das obras, comprobar o cumprimento dos prazos
e dar explicacións.
Durante a súa comparecencia, despois dun
encontro que dá continuidade ao mantido o pasado mes de decembro, Feijóo
lembrou que un dos asuntos nos que máis repercutiu a ausencia dun Goberno con
plenas capacidades foi nas grandes infraestruturas e máis concretamente no AVE
a Galicia, coa paralización de decisións imprescindibles e co estancamento de
diversos tramos das obras.
Na web oficial da Xunta, o titular do Goberno galego agradeceu ao
Executivo central o rigor e a transparencia coa que está a traballar desde o
primeiro momento de tal xeito que os efectos do bloqueo non vaian máis aló do
estritamente inevitable. Nesta liña, agradeceu ao ministro Íñigo de la Serna o
seu compromiso para desbloquear o antes posible as dificultades que afectan
especialmente a cinco tramos do AVE galego.
A xuntanza serviu ademais, segundo
explicou o presidente da Xunta, para renovar tres compromisos: acceso de Lugo á
alta velocidade ferroviaria; a variante de Taboadela; e a variante de Cerdedo,
que sigue vixente na planificación de Fomento, co obxectivo de que a zona de
Vigo poda ter unha conectividade en menor tempo con Ourense.
Feijóo afirmou que ambos gobernos
seguirán a traballar nos asuntos prioritarios para a Comunidade como a xestión
compartida da AP-9 e o cronograma das estacións intermodais.
No tocante ás estacións intermodais,
ambos mandatarios acordaron licitar as obras intermodais como proxectos
conxuntos, de modo que a Xunta se fará cargo das terminais de autobuses e
Fomento das adaptacións ferroviarias. “Vai ser a primeira vez que se estea facendo
o AVE e executando todas as estacións intermodais de forma conxunta”, dixo,
avanzando o obxectivo da Xunta de iniciar neste 2017 a construción de todas as
estacións de autobuses. “E para iso é necesario traballar conxuntamente”,
incidiu.
Para elo, Feijóo asegurou que o
Executivo galego xa ten convocado a primeira comisión de seguimento para as
intermodais de Ourense e Santiago cos seus respectivos concellos, de xeito que
se podan seguir marcando datas e culminando etapas. “É moi importante que no mes
de febreiro teñamos despexadas as intermodais de Ourense, Santiago e Vigo. E
espero que podamos avanzar tamén na de Coruña, se ben aínda non temos unha
resposta do Concello”, precisou.
No tocante á xestión da autoestrada do
Atlántico, Feijóo valorou que Galicia pase a ter voz nas decisión sobre a AP-9,
a través dunha comisión bilateral Goberno central-Comunidade autónoma. Así
mesmo explicou que esta servirá para abordar conxuntamente os proxectos de
obras que se están a facer na actualidade, así como as que se poden facer no
futuro.
Logo de subliñar que a celebración da
primeira comisión terá lugar en febreiro, Feijóo confirmou tamén que o
ministerio de Fomento asumirá na súa totalidade o custo das bonificacións das
peaxes do Morrazo e A Barcala.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta