Esta mañá coñecemos os datos de paro
rexistrado nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego correspopndente a
xaneiro de 2017. Estos son os datos:
OURENSE:
Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 786
persoas, un 3,46 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano
pasado, 2.648 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha
caída do desemprego do – 10,12 %.
O número de parados queda en 23.506, deles 10.804 son
homes e 12.702 mulleres, 22.272 son maiores de 25 anos e 1.234 menores.
Por sectores: 1.388 son da agricultura, 2.961 da industria,
2.611 da construción, 14.521 dos servizos e 2.025 do colectivo sen emprego
anterior.
GALICIA:
O paro rexistrado de Galicia medrou en xaneiro en 6.164 persoas con respecto a decembro (un 2,99 %), concentrándose practicamente todo o incremento no sector servizos debido ao remate da campaña de Nadal. En todo caso, a subida experimentada é a menor nun mes de xaneiro desde o inicio da crise e “moi inferior” á media dos últimos 8 anos.
O número de parados queda en 212.078, deles 96.637 son homes e 115.441 mulleres, 202.348 son maiores de 25 anos e 9.730 menores.
O número de parados queda en 212.078, deles 96.637 son homes e 115.441 mulleres, 202.348 son maiores de 25 anos e 9.730 menores.
Deles 8.240 son da agricultura, 25.011 da industria, 23.515
da construción, 138.884 nos servizos e 16.428 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xaneiro do ano pasado, 24.369 persoas saíron das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,31 %.
O descenso producido supón a maior caída nun mes de xaneiro desde hai ao menos 20 anos (de toda a serie histórica que é desde 1996) e por cuarto ano consecutivo logra reducirse o número de persoas sen emprego nun mes de xaneiro.
O desemprego tamén descendeu con respecto a hai 12 meses nas principais variables: nas catro provincias, as 7 grandes cidades, todos os sectores, tramos de idade, tanto en homes como en mulleres como nos colectivos prioritarios : os menores de 30 anos (-17,44%); os parados de longa duración (-10,75%); e as mulleres (-8,61%).
En canto ás provincias, Pontevedra lidera a baixada con respecto a xaneiro de 2016 (-10,66%), seguida da Coruña (-10,44%), Ourense (-10,12%) e Lugo (-8,56%), e sobre os sectores de actividade, dicir que o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -18,02%, seguido da industria cun -12,35% e da agricultura e pesca cun -10,64%.
A contratación en xeral medrou nun 11,50% crecendo a indefinida nun 22,08% e a tempo completo nun 10,18%.

ESPAÑA:
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos
de Emprego subiu en xaneiro en 57.257 persoas en relación co mes anterior.
En todos os meses de xaneiro da serie histórica o paro rexistrado
ha crecido. Nos últimos 8 anos o desemprego aumentou en xaneiro, máis ou menos,
en 126.563 persoas.
Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en
3.760.231 persoas e continúa nos niveis máis baixos dos últimos 7 anos.
En termos desestacionalizados o paro baixa no mes de xaneiro en
33.524 persoas.
Respecto de xaneiro de 2016 o desemprego reduciuse en 390.524
persoas, o maior descenso rexistrado nun mes de xaneiro de toda a serie
histórica. O ritmo de redución interanual do paro rexistrado sitúase no 9,41%,
o máis intenso nun mes de xaneiro desde o ano 1.999.
O desemprego entre os mozos menores de 25 anos diminuíu nos
últimos doce meses un 12,3%, por encima da media xeral que se sitúa nun 9,41%.
Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro
rexistrado diminúe en Industria 1.103 (-0,32%), en Construción 7.833 (-2,08%) e no colectivo Sen Emprego Anterior
4.838 (-1,54%): Pola contra sobe en Agricultura 4.102 (2,42%) e en Servizos
66.929 (2,68%).
O paro rexistrado baixa en Baleares (-192). Sobe, en cambio, nas
16 comunidades restantes, principalmente en Madrid (9.667), Andalucía (9.417) e
a Comunidade Valenciana (6.845).
O número de contratos rexistrados durante o mes de xaneiro foi de
1.633.592, o maior número de toda a serie histórica nun mes de xaneiro dos
últimos 11 anos. Supón unha subida de 236.663 (16,94%) respecto ao mesmo mes do
ano 2016.
En xaneiro de 2017 rexistráronse 150.162 contratos de carácter
indefinido, representa un incremento de 24.550 (19,54%) sobre igual mes do
exercicio anterior.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta