Onte a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento celebraron en
Madrid a primeira xuntanza da comisión sobre a autoestrada do Atlántico, a
AP-9, que se reunirá cunha periodicidade mínima semestral.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participaron na reunión, que se celebrou en Madrid, e estivo presidida polo secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gomez-Pomar, coa presencia doutros cargos do Ministerio de Fomento.

Dáse así cumprimento ao acordo acadado o pasado 31 de
xaneiro entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna,
que avanzaron a constitución da comisión sobre a AP-9 neste mes de febreiro.
Nesta xuntanza os representantes de ambas
administracións abordaron tanto a situación das obras en marcha na autoestrada
como os avances nas actuacións planificadas na AP-9. Neste sentido, o
Ministerio de Fomento avanzou que no vindeiro mes de abril prevé licitar as
obras do novo acceso á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
O Ministerio de Fomento tamén confirmou a vontade de
aplicar as medidas precisas para paliar o impacto do ruído nas zonas afectadas
polas obras de ampliación da autoestrada en Redondela.
Ademais, os responsables de ambas administracións
abordaron a situación do treito urbano da AP-9 na cidade de Vigo e acordaron
solicitarlle ao Concello da unha proposta técnica para a remodelación do
ámbito.
No encontro tamén se estableceu que a Xunta e o
Ministerio de Fomento realizarán un seguimento das medidas adoptadas para
evitar retencións nas áreas de peaxe nas épocas do ano nas que se rexistra máis
tráfico.
Lembrar que na Comisión de Fomento que celebramos o pasado día 15 xa aianei que neste mes de febreiro de 2017 celebraríase a primeira reunión desta comisión bilateral integrada polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia, na que se compartan as decisións de xestión da Autoestrada da Atlántico AP-9 e abórdense os proxectos de obras que se están realizando na actualidade, así como as que se poidan facer no futuro.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta