Celebramos esta mañá no Congreso a semanal sesión de control. A pregunta de maior interés foi a do deputado do PSOE, Antonio Hernando, que preguntou ao presidente do Goberno polo poder adquisitivo das pensións. Na súa resposta, Mariano Rajoy subliñou que "a subida das pensións faise aplicando a lei que está actualmente en vigor" porque iso é "o razoable" e "a obrigación do Goberno".
Respecto diso, o presidente Rajoy explicou que, segundo a normativa actual, o incremento das pensións faise tendo en conta a evolución da inflación e, tamén, os ingresos e gastos do sistema. Non obstante dixo que "en ningún caso haberá unha subida menor do 0,25%".
"Se os ingresos soben, as pensións subirán máis. Se os ingresos baixan, as pensións subirán menos. En calquera caso, sempre o 0,25%", insistiu.
O xefe do Executivo apuntou que a nova lexislación fixo fronte a unha situación inviable. Segundo explicou, o sistema perdeu, entre os anos 2007 e 2009, uns 70.000 millóns de euros, o que facía imposible "manter o gasto público tal e como estaba en España".
Rajoy tamén engadiu que, os anos 2014, 2015 e 2016, as pensións gañaron poder adquisitivo porque subiron o 0,25%, mentres que a inflación era negativa (-0,2% en 2014; -0,5% en 2015, e -0,2% en 2016).
En calquera caso, Rajoy convidou de novo a todos os grupos políticos a seguir traballando na Comisión do Pacto de Toledo para poder chegar a un acordo que garanta o futuro das pensións.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta